LATEXOS
Obradoiro

Artes do movemento, corpo e vibración

Javier Martín

Sábado 5 Outubro
10:00H
Polideportivo municipal
Sobrado dos Monxes

 

Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo

Encontro aberto á experimentación que propón unha apertura á relacións entre corpo, memoria e lugar partindo dunha dinámica que facilita a aprendizaxe dun modo lúdico, unindo filosofía, danza e performatividade. Como se artellan os contidos da memoria no propio corpo e como de consciente é a súa relación co lugar que ocupa e a súa influencia?

Javier Martín, coreógrafo e artista contemporáneo coruñés, desenvolve proxectos de investigación de corte epistemolóxico ao redor das artes do movemento que atopan as súas fugas en distintos desbordamentos discursivos e as súas aplicacións, como son: a creación estética, a escrita, conferencias-performativas, procesos de obra acompañados de laboratorios e grupos de investigación, a intervención de itinerarios formativos en distintas universidades ou o desenvolvemento de seminarios.

Con máis de 10 anos de traxectoria profesional, estreou máis de 30 pezas en distintas partes do mundo, establecendo sinerxías creativas con artistas de diferentes disciplinas, como o xenial pianista ruso Oleg Karavaichuk no proxecto symptoma; o fotógrafo e cineasta Ton Mejuto na película de cinema-danza qviasma, co escultor Joaquin Xara no seu inminente SOMA ou con Vertixe Sonora Ensemble no concerto-performance Brumario. En 2017 o MUN publicou Javier Martín. Caderno de creación, primeiro monográfico sobre o seu traballo artístico.

Enlaces:
www.xunta.gal
www.turismo.gal