VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Conversa. Concerto.

Antistrofas. Intrahistoria dunha encomenda

Enrique X. Macías, Amando

Sábado 7 Novembro / 20:30H

En 1993, con motivo da retrospectiva “Pinturas e instalacións” no Castelo de Soutomaior o pintor Amando (Vigo, 1951) procura a complicidade do seu amigo Enrique X. Macías ao quen encomenda unha nova obra para a súa estrea na inauguración. Este convite está na xénese dunha das partituras máis recoñecidas de Enrique X. Macías Antistrofas (1993-95) interpretada polo cellista do Ensemble Intercontemporain de París Pierre Strauch naquel evento. Nesta sesión coñeceremos da man dun dos seus protagonista esta historia así como o ambiente de camaradería da cidade cultural naqueles anos.

Amando: Antistrofas. Intrahistoria dunha encomenda
Enrique X. Macías: Antistrofas (1993-95) para violonchelo e electrónica
VERTIXE SONORA Thomas Piel, violoncello | Ángel Faraldo electrónica