IV Festival Vertixe Sonora 2016
Concerto

COMA ESPELLOS DUN CALIDOSCOPIO

ANNA ROMASHKOVA , ANNE CLEARE, ELO MASING, TANIA LANFER, DANIELA FANTECHI

Xoves 13 Outubro
20:30H
SALA DE EXPOSICIÓNS DO PAZO DE CULTURA
Pontevedra

Así como a semán ca dun calidoscopio fai referencia a nocións da Grecia An ga como “beleza” e “observación de formas belas”, presentamos un programa de música e poesía que amalgama todas esas referencias e reivindica a diversidade da feminidade na música contemporánea actual a través da obra de mulleres compositoras en ac vo de dis ntas orixes, esté ca e culturas. Unha inmensa corrente de poesía musical, chea de detalles peculiares que a rotación calidoscópica da imaxinación descubre. A selección musical e a concepción do programa foi realizado conxuntamente pola compositora rusa Elena Rykova, residente en Harvard e a compositora brasileña residente no Ircam de París Michelle Agnes. A proposta complétase coa par cipación da poeta galega María do Cebreiro, que recitará poemas inéditos especialmente concebidos para o evento entre as dis ntas pezas de música. Só brillar un pouco, un solo de violín de Anna Romashkova (Rusia), O cadrado de cor amarela clara que é a súa xanela por Ann Cleare (Irlanda) para saxofón, piano, percusión e guitarra, Estudos en resonancia II, un solo de piano de Elo Masing (Estonia), Lai de Bisclavret, por Tania Lanfer (Brasil) para saxo e percusión, Noch, de Daniela Fantechi (Italia) para un saxofón, guitarra, percusión e piano, e unha nova peza de Julia Lorusso (Italia) para saxofón, piano, percusión e guitarra, compoñen esta hora de música.

ANNA ROMASHKOVA (RUSIA, 1985). Just shine a li le (2014) para violín só
ANNE CLEARE (IRLANDA, 1983). The square of yellow light that is your window (2014) para saxo, piano, percusión e guitarra eléctrica
ELO MASING (ESTONIA, 1984). Studies in resonance II (2013) para piano só
TANIA LANFER (BRASIL, 1982). Lai de bisclolet (2008) para saxo e percusión
DANIELA FANTECHI (ITALIA, 1984) Noch (2016, versión revisada) para saxo, guitarra eléctrica, percusión e piano

María do Cebreiro, recitado
VERTIXE SONORA Mario Peris, violín | Pablo Coello, saxofón | David Durán, piano | Rubén Barros, guitarra eléctrica | Diego Ventoso, percusión

Co apoio da Unidade de Igualdade da Universidade de Vigo para a promoción da creación feminina de música contemporánea – programa ELEUSIS