• Edicións:

WHITE MOUSE
descargar >>

Presentámosvos esta aplicación realizada por Ángel Faraldo no entorno PURE DATApara experimentar con ruído branco*. Na introdución indícanos:

Para utilizar WHITE MOUSE necesitas un rato con 3 botóns. White mouse xera e filtra ruído branco segundo os movementos do rato na pantalla. Os movementos no eixo horizontal variarán a amplitude (volume, dinámica) dos sons producidos, mentres que os movementos no eixo vertical modificarán as frecuencias (altura, notas). Ao pulsar os distintos botóns do rato aplícanse tres filtros diferentes: Filtro pasa-graves (botón esquerdo), filtro pasa- altos (botón dereito) e filtro pasa-banda (botón central)

Nese último, o eixo das X modifica a chamada “resonancia” do filtro. Ademáis o sistema ten unha rudimentaria “reverb” con nove programas que se activan coas teclas 1-9 do teclado alfanumérico.”

Aquí podedes descargarvos o software necesario para o funcionamento da aplicación:http://puredata.info/community/projects/software/pd-extended

Unha vez instalado Pure data so tedes que abrir White Mouse e empezar a xogar

 

*Nestes enlaces atoparás sinxelas explicacións do fenómeno
http://es.wikipedia.org/wiki/Ruido_de_color
http://es.wikipedia.org/wiki/Espectro_de_frecuencias
http://www.mediacollege.com/audio/noise/ (en inglés)

[nggallery id=1]