I Do Audible 2013
Charla-concerto

Visións sonoras

Vertixe Sonora con José Antonio Lamas - neurocientífico

miércoles 19 junio
20:00H
Liceo de Ourense
Ourense

Coa presentación de Emilio Lede e participación do neurocientífico José Antonio Lamas

O programa Visións sonoras chama a atención sobre a omnipresenza de produtos audiovisuais na nosa experiencia perceptiva. Produtos que conviven con imaxes da cultura e produción sonora. Esta proposta fará un percorrido polas relacións entre a música e as artes visuais, mostrando exemplos de intertextualidade e explicando diferentes extensións dos sonidos vistos e as cores ouvidas ao longo dos séculos.

O profesor do departamento de Neurociencia da Universidade de Vigo José Antonio Lamas fará unha breve introdución sobre a sinestesia, tema de investigación que atopou un renovado interese debido ao crecemento da experimentación audiovisual e a converxencia dos medios tradicionais na era dixital así como das novas contornas multimedia influídas a partes iguais polas prácticas artísticas e as estratexias de mercado.

Programa
Pierre Jodlowsky (Francia, 1971) Time & Money (2006): percusión video electrónica. Video: Vicent Meyer
Pedro García Velasquez (Colombia, 1984) Plip (2012): frauta, saxofón, violín e video

VERTIXE SONORA
Iago Lariño, frauta | Pablo Coello, saxofón | Jorge Montes, violín | Diego Ventoso, percusión | Angel Faraldo, electrónica e difusión multimedia

Sobre os compositores e as obras
Time & Money. Pierre Jodlowsky (Toulouse, Francia, 1971) é un compositor vinculado á danza, ao teatro, ás artes visuais e á música electrónica. Fundador do colectivo Eole e promotor do festival Novelum na súa cidade natal. A súa obra está presente en centros dedicados á arte sonora. Os patróns rítmicos que se repiten en Time &Money altéranse coa presenza en segundo plano de diálogos da radio e do cine. A peza conta cun video de Vicent Meyer.

Plip. Pedro García Velasquez (Colombia, 1984) embarcouse na composición a través do estudo do violín e tras licenciarse trasladouse a Francia. Alí creou a ensemble Le Balcon, residente na Fundación Singer-Polignac da capital francesa. A obra Plip (2012) conta coa colaboración do cineasta Luís Nieto e está inspirada no conto «Utopía de un hombre que está cansado» de Jorge Luis Borges. A electrónica e a videoinstalación afondan na idea de fantasía que cuestiona a perpepción e memoria do espectador.