I Festival Vertixe VIGO 2013
Concerto

Open end

BEN HACKBARTH, TOSHIO HOSOKAWA, JOÂO PEDRO OLIVEIRA, SOFÍA GUBAIDULINA

viernes 8 noviembre
20:00H
MARCO
Vigo

Celebración MARCO XI aniversario

BEN HACKBARTH: Open End (2007), para vibrafón e electrónica

“Esta é unha peza que forma parte dunha serie que escribín nas que abordaba relacións íntimas entre o son electrónico e acústico. Relacións que, espero, evoquen o noso coñecemento e experiencia do instrumento, levando a súa identidade acústica ó primeiro plano mediante a captación de paletas moderadas de son e xestos. Moitos dos xestos electrónicos se desdobran gradualmente para gañar a confianza do oínte, de forma que poida existir, aínda que só sexa temporalmente, a crenza de que os sons procedentes dos altofalantes están profundamente endebedados coa mecánica do instrumento que os xera. Open End necesita o uso de altofalantes, un dos cales debe estar situado baixo o vibráfono para crear patróns explícitos de ritmos entre os sinais acústicos e os electrónicos. Estos ritmos gradualmente impregnan outros aspectos da experiencia do son como os de tipo xestual, tímbrico e espacial.” (Ben Hackbarth)

JOÃO PEDRO OLIVEIRA: Vox Sum Vitae (2011) para vibrafón e electrónica

“Vox Sum Vitae (Eu son a voz da vida en latín) é a inscripción dunha campá de igrexa de Estrasburgo. Nun dos meus viaxes a Alemaña para dar un concerto de órgano, un domingo pola mañá despertei de repente co son de centos de campás de igrexa anunciando unha celebración relixiosa moi cedo. Esta peza é unha representación desa imaxe sonora.” (Joao Pedro Oliveira)

Benjamin Hackbarth (1982, EUA) é actualmente profesor de composición na Universidade de Liverpool, dende onde escribe música para instrumentos e electrónica. É doutor pola Universidade de California – San Diego, onde estudou composición con Roger Reynolds, Philippe Manoury e Chaya Czernowin. Tamén estudouMíusica electrónica con Miller Puckette, Tom Erbe e F. Richard Moore. Ten un graduado en Composición da Eastman School ofMusic, onde estudou con Allan Schindler, Robert Morris e trompeta con James Thompson.

+ info: benhackbarth.com

João Pedro Oliveira é un dos compositores portugueses máis prolíficos da súa xeración. Comezou os seus estudos musicais no Instituto Gregoriano de Lisboa, onde estudou órgano. Entre 1985 e 1990 residiu en Estados Unidos grazas a unha bolsa Fulbright e ao apoio da fundación Gulbekian, onde completou o seu doutorado en Música na Universidade de Nova York. A súa música inclúe unha ópera de cámara, varias composicións orquestrais, un requiem, 3 cuartetos de corda, música de cámara e para solistas, así como música electroacústica. Recentemente, estivo a explorar as posibilidades de interacción entre música instrumental e electroacústica, e a maioría das súas obras recentes inclúen ambos os dous medios.

+ info: www.jpoliveira.com

BEN HACKBARTH, Open END, 2007 (vibráfono e electrónica)
TOSHIO HOSOKAWA, Melodia, 1979 (acordeón solo)
JOÂO PEDRO OLIVEIRA, Vox Sum Vitae, 2011 (vibráfono e electrónica)
SOFÍA GUBAIDULINA, De Profundis, 1978 (acordeón solo)

VERTIXE SONORA Diego Ventoso, percusión | Celia Adrián acordeón