II Festival Vertixe VIGO 2014

On Serra: A Book of Forms

Valerio Sannicandro, Agostino Di Scipio

miércoles 12 noviembre
20:30H
MUSEO VERBUM
Vigo

Inspirado na famosa Lista de Verbos que redactara Richard Serra no 68, presentamos a estrea mundial de On Serra: A Book of Forms. A medio camiño entre o concerto de música e a instalación sonora On Serra: A Book of Forms foi ideada por VALERIO SANNICANDRO (Italia, 1971) para Vertixe Sonora Ensemble co apoio da American Academy in Rome (Marcello Lotti Italian Affiliated Fellow in Musical Composition 2013) para un dispositivo móbil de 5 instrumentos de vento e un percusionista que están a moverse nunha sala completamente resoante. O programa complétase coa presentación en España de 2 pieces for string repertoire para un número indeterminado de intérpretes de Agostino Di Scipio.

Programa
AGOSTINO DI SCIPIO (Italia, 1962) 2 pieces for string repertoire** (2010) para un número indeterminado de intrumentistas de corda
VALERIO SANNICANDRO (Italia, 1971) On serra: a book of forms* (2014) óboe, clarinete, saxofón, trompeta, trompa, percusión

*estrea mundial, **presentación en España

 

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Avelino Ferreira oboe | Pablo Coello saxofón | Felipe Agel clarinete | Alejandro Vázquez trompeta | Iago Ríos trombón | Diego Ventoso percusión | Ángel Faraldo difusión de son

Colabora Conservatorio Superior de Música de Vigo. Coordinador Mario Peris.
Co apoio da American Academy in Rome