I Festival Vertixe VIGO 2013
Concerto

Nattarbette

ESAIAS JARNEGARD, LUIS ANTUNES PENA

viernes 25 octubre
20:30H
Vigo

ESAIAS JARNEGARD: Nattarbete (2009)
Nattarbete (Traballo nocturno) é tamén o nome dun poemario de 1976 do autor sueco Lars Norén. Poesía no seu camiño cara o que Mikael Van Reis chama a «order poetry’, un idioma catatónico que emerxe finalmente no seu libro “Order” (1978). A catatonia é un estado disfunción muscular, xa sexa inmovilidade total como movementos frenéticamente intensos. Tanto na poesía de Norén como na miña música, a insensibilidade e a intensidade do estado catatónico ainda teñen que tomar forma completa: todavía hai rastros de sentimentos. En Nattarbete (2009) ha moitas interpretacións posibles da partitura, sen embargo, o timbre, o sentido e a esencia dela son, con sorte, inconfundibles”. (Esaias Järnegard)

LUIS ANTUNES PENA: Tres quadros sobre pedra (2008)
«Três quadros sobre pedra creouse durante unha residencia artística no ZKM | Karlsruhe (Centro de Arte y Medios de Karlsruhe) de Alemaña có percusionista Nuno Aroso. La idea de partida era traballar con instrumentos que non son parte da familia común da percusión tales como pedras de diferentes tipos, tamaños e texturas. Unha vez definida a configuración, empezamos a buscar sonidos, ritmos e estructuras musicais asociados a esos instrumentos específicos. A peza desenvolveuse a partires destas ideas e improvisacións ata a versión final escrita e definitiva. Todo o proceso creativo e a versión final fíxose no estudio nunha colaboración directa có músico. Três quadros sobre pedra está dedicada a Nuno Aroso.» (Luis Antunes Pena)

OS COMPOSITORES

Esaias Järnegard (*1983) nace e crece en Estocolmo, onde remata os seus estudos na primavera de 2013. A súa maior fonte de alimentación artística é a posibilidade de traballo continuado con músicos durante os seus procesos composicionales. Consecuentemente, a súa obra é principalmente camerística, cunha aproximación fenomenolóxica cara á escritura, tratando de resaltar a relación entre corpo e instrumento, non só en canto á fisicalidade do son, senón tamén á maxia de estar en contacto co son.
+ info: www.esaiasjarnegard.se

Luís Antunes Pena é compositor de música electroacústica e instrumental. Naceu en 1973 en Lisboa e actualmente reside en Colonia. Estudou na Escola Superior de Música de Lisboa con António Pinho Vargas, e en Alemaña con Nicolaus A. Huber, Günter Steinke e Dirk Reith na Folkwang-Hochschule de Essen e o ICEM (Institut für Computermusik und Medien). Recibiu posterior apoio de Emmanuel Nunes en Lisboa, durante os cursos Gulbekian e de Gerard Grisey no IRCAM (París).
+ info: luisantunespena.eu

O ESPAZO

GALERÍA ADHOC
A galería Adhoc, en pleno centro da cidade de Vigo, volveuse imprescindible para coñecer as últimas tendencias na arte do noso tempo. Representa a importantes artistas galegos, internacionais e nacionais, e participa nalgunhas feiras internacionais, como Art Chicago, ARCO, VOLTA Nova York… Ofrece aos seus artistas un escaparate e visibilidade sen parangón no noroeste peninsular e a visitantes e público interesado, un catálogo escollido de referencia que permite identificar as correntes máis interesantes da arte contemporáneo.
+ info: http://adhocgaleria.com