VIII Festival Vertixe Sonora 2020
EN RUTA 2020
Concerto

Mira atrás no tempo con ollos amábeis

Liao Lin-Ni, Pablo Vergara, Severin Dornier, Il-Woong Seo

domingo 18 octubre / 18:30H
Igrexa San Domingos
Tui

EN RUTA Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo

Dirixido polo mestre Pedro Figueiredo, MIRA ATRÁS NO TEMPO CON OLLOS AMÁBEIS inclúe, ademáis da obra de Lin-Ni Liao (Taiwan, 1977), composicións de Pablo Vergara (Chile, 1980), Severin Dornier (Alemania) e Il-Woong Seo (Corea do Sur).

Un programa de música internacional co que afondaremos na profunda tenrura e humanidade de Emily Dickinson, delectarémonos no xogo de reflexos e borboteos de auga, luz e escuridade, e asomaremos aos abismos de Kafka. Unha experiencia musical de primeira orde que celebra a importancia do camiño portugués na conformación europea. Xuntos pasado, presente e futuro. Fraternidade e festexo pola reapertura dun espazo transfronteirizo que relanza a cooperación bilateral e a visión común compartida.

LIAO LIN-NI (Taiwan, 1977) Mira atrás no tempo con ollos amábeis (2016) para ensemble
PABLO VERGARA (Chile, 1980) Como reverso navegable* (2020) para ensemble
SEVERIN DORNIER (Alemania) Lichtaufzeichnungen no 1 * (2020). Concerto instalación. Interpretación en vivo, instrumentos, altofalantes, espellos e díodos láser
IL-WOONG SEO (Corea do Sur) Eau* (2020) para ensemble
*Estrea absoluta. Encargo de Vertixe Sonora
(1) Obra escrita co apoio de Ibermúsicas e SACEM.
VERTIXE SONORA
Pedro Figueiredo director
Clara Saleiro flauta | Pablo Coello saxofón | Carlos Cortés trompeta | Iago Rios trombón | María Mogas acordeón | Roberto Alonso violín | Cristina Santos viola | Thomas Piel violonchelo | Carlos Méndez contrabajo | Rubén Barros guitarra eléctrica | David Durán piano | Diego Ventoso percusión
As obras
LIAO LIN-NI Mira atrás no tempo con ollos amábeis (2016) para ensemble

Na sinestesia de son, luz, cor e palabra, Liao Lin-Ni traduce, transcribe e transmite poemas, pinturas e fenómeno da natureza a través da súa música.

Inspirada polos fragmentos manuscritos de Emily Dickinson (1830-1886) incluidos en The Gorgeous nothings (Nova York, Ed. Christine Burgin / New Directions, 2013), Liao Lin-Ni continúa o traballo de espacialización sonora que comezara na peza de ensemble To light, and then return (2015). A súa abordaxe tímbrica atopa e revela no mundo de Dickinson dimensións de luces e sombras que definen a natureza e a profundidade da tenrura humana.

“Mira hacia atrás no tempo, con ollos amábeis
-Sen dúbida o fixo o mellor que puido…
Que lenemente afúndese ese sol tremente
No oeste da natureza humana – »

Estrea mundial – Palacio Nymphenburg (Múnic, Alemaña), 17 de novembro de 2016* 2a presentación en Tel Aviv, 15 de xuño de 2017 Pierre-André Valade (dir.) E Ensemble Meitar – Encargado polo Ensemble BlauerReiter (Múnic)

PABLO VERGARA Como reverso navegable (2020) para ensemble
«A tempestade, que vindo do meu pasado sopraba tras de min, foi amainando: hoxe é tan só unha corrente de aire que refrixera os meus talóns. E o afastado orificio a través do cal esta me chega, e polo cal cheguei eu un día, reduciuse tanto que –de ter forza e vontade suficientes para volver correndo até el– tería que despelexarme vivo se quixese atravesalo»
(Kafka)
SEVERIN DORNIER Lichtaufzeichnungen no 1(2020)  Concerto instalación. Interpretación en vivo, instrumentos, altofalantes, espellos e díodos láser
Lichtaufzeichnungen no 1. Amplifiacións lumínicas. O concepto central deste traballo xorde da percepción das diferenzas nos espectros sonoros de varios instrumentos. Aínda que o método de visualización estea composto por catro diodos láser (amplificación lumínica derivada da emisión estimulada de radiación), catro altofalantes e catro superficies de proxección, un sistema de espello traduce as vibracións dos diafragmas dos altofalantes en pequenas deflexións dos raios láser, dando lugar a figuras de luz oscilantes nas superficies de proxección. A composición do espectro de frecuencia que reciben os diafragmas determina a complexidade da figura resultante. Os cambios no material sonoro tocados polos instrumentos están determinados por unha secuencia creada algoritmicamente de acendido e apagado dos diodos láser.

IL-WOONG SEO Eau* (2020) para ensemble
Eau é o termo francés para Auga. Penso que esta verba pode acoller axustadamente o proceso de desenvolvemento orgánico desta obra e a súa cor clarísima como un reflexo sobre as augas e, finalmente, tamén reflicte o meu desexo de que a súa escoita por parte da audiencia resulte nunha experiencia refrescante como cando saciamos a nosa sede cunca repleta de auga limpa, pura e refrescante na calor de verán.