VIII Festival Vertixe Sonora 2020
ALÉN. Obradoiros instrumentais 2020
Masterclass

Diccionario de sons

Carlos Gálvez

lunes 19 octubre / 17:00H

O interese de Carlos polo clarinete baixo espertou grazas á influencia do seu irmán Miguel, compositor. Despois de realizar os estudos de clarinete en Madrid, trasladouse a Ámsterdam onde se especializou en clarinete baixo con Harry Sparnaay e obtivo os títulos de Bachelor e Master (2ª Fase) na devandita disciplina.

Durante os últimos 25 anos, Carlos traballou cos máis prestixiosos ensembles, grupos de cámara e orquestras europeas. Tamén estreou numerosas obras como solista, entre elas, en estreita colaboración e baixo a supervisión do propio Pierre Boulez, a estrea mundial da versión para clarinete baixo de Dialogue de o´ombre double.

Participou, así mesmo, nunha das últimas gravacións supervisadas polo mestre György Ligeti para a casa discográfica Teldec, en colaboración co ASKO/Schoenberg Ensemble de Ámsterdam. E en 2004 foi convidado polo Nieuw Ensemble para estrear a polémica ópera Shadowtime de Brian Ferneyhough en Munich, París, Bochum, New York e Londres.

Colabora co Ensemble Ictus (Bruxelas), ASKO-Schoenberg Ensemble, Nieuw Ensemble e Ives Ensemble (Amsterdam), musikFabrik (Colonia), Klangforum (Viena), Scenatet (Copenhague), Ensemble Residencias (Trio Arbós & Neopercusión), Concertgebouw Orkest, Orquestra da Radio Holandesa, Residentie Orkest da Haia, Noord-Hollands Orkest e Brabants Orkest.

Traballou con compositores e directores como: Emilio Pomárico, Peter Eotvoes, Peter Rundel, Reinbert de Leeuw, Stefan Asbury, Peter Rundel, Beat Furrer, Gerorges-Elies Octors, Oliver Knussen, Brian Ferneyhough, Gyorgy Ligeti, Pierre Boulez, Helmut Lachenmann, Franco Donatoni, Luca Francesconi, Bruno Mantovani, Wolfgang Rihm ou Tom Johnson.

Interveu en numerosos festivais internacionais (Viena, Bergen, Barcelona, Bruxelas, Berlin, New York, Viitasaari, Innsbruck, Iacarta, Copenhague, Amsterdam, Venecia, Parma, Strasbourg, Paris, Munich, London, Huddersfield, Alacante, Zúric, Xangai, Bochum, Hong Kong, etc.) e foi solista co Nieuw Ensemble, Klangforum Wien, Insomnio Ensemble, Espai Sonor.

Desde 2019 é membro de Vertixe Sonora.