Laboratorio de sinestesia e multi-sensorialidade

picCurso4Impartido por Yolanda Uriz.

Sábado 16 e Domingo 17 de Novembro
de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00
 
Facultade de Belas Artes de Pontevedra
Mestranza 2
36002 Pontevedra

Neste laboratorio traballarase a multi-sensorialidad enfocada cara á experiencia estética. Especificamente contemplaranse conceptos tales como a sinestesia, os sentidos non considerados nos comúns «cinco sentidos», a cimática, o son táctil e a auto-produción da experiencia estética.

A partir dos conceptos teóricos, dada a súa concepción sensorial, propoñeranse gran cantidade de experiencias prácticas que culminarán nunha actuación multi-sensorial a cargo dos participantes.

O laboratorio está dirixido a toda persoa con interese creativo, xa sexan artistas sonoros, visuais, compositores, improvisadores, bailarins, etc. É altamente recomendable que as persoas que fagan música leven os seus instrumentos.

Estrutura xeral do taller:

  1. Presentación e introdución: Sinestesia, sentidos, cimática, son táctil, experiencia auto-producida.
  2. Paseo multi-sensorial, consciencia sensorial, intercambio de sentidos.
  3. Tests lumo-auditivos para a percepción temporal; tocar (ou xogar).
  4. Preparación e presentación pública.

Yolanda Uriz

picbioyolandaYolanda Uriz (Pamplona, 1982) basea o seu traballo na creación de experiencias sensoriais inmersivas realizando traballos de instalación, música experimental ou video-arte. Vive en Holanda, onde finalizou os seus estudos de ArtScience. Presentou o seu traballo en festivais como Sonic Acts (NL), WRO Media-Art Biennale (PL), STRP (NL) ou SPARK (USA), entre outros.

Simultáneamente, é programadora da serie Wonderwerp en Studio Loos (A Haia, NL) para a promoción de formas experimentais de arte en directo.

+ info www.yolandauriz.info