VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Táboa redonda

Interludios no Vigo da Transición.

Antón Reixa, Julián Hernández, Manolo Romón, Antón Patiño, Paco Yáñez

domingo 8 noviembre / 18:30H

Participantes: Julián Hernández (pendente de confirmación). Antón Patiño. Antón Reixa. Manolo Romón.
Paco Yáñez, moderador.

Conversaremos arredor do compositor galego Enrique X. Macías (Vigo, 1958-1995) para profundar na súa vida e creación artística da man dalgúns dos seus máis achegados amigos e colaboradores. A través da figura de Macías, percorreremos a escena cultural da cidade de Vigo nos tempos da Transición: desde finais dos anos setenta ata comezo dos anos noventa. Tomando a experiencia artística de Macías e a súa sinalada interdisciplinariedade, estableceremos diálogos coa pintura, a poesía, o cinematógrafo, a música e as correntes creativas que marcaron a efervescencia cultural viguesa no período histórico sinalado. En función do tempo que reste no final da mesa redonda, é vontade abrir a posibilidade de que o público que asista interpele aos participantes para abrir o debate á cidadanía.