II Festival Vertixe VIGO 2014
Concerto

Homenaxe a Marcelo Toledo

MADAMME CELL, HENRIK DENERIN, VÍCTOR IBARRA

domingo 30 noviembre
20:30H
La Caja
Vigo

Como resultado da residencia artística que o compositor mexicano Victor Ibarra vén de desenvolver o derradeiro ano en Vigo froito da colaboración co programa Ibermúsicas e o FONCA de México, presentamos Homenaxe a Marcelo Toledo. Recorrendo algunhas das súas persistentes monomanías, Victor Ibarra presenta un minucioso e sistemático traballo de orfebrería sonora, salpicado de impulsivas e incontroladas ráfagas de improvisación libre e unha recurrente e obsesiva presenza das imaxes. As estreas mundiais de Henrik Denerin e Madamme Cell reflexan ámbolos dous estremos da súa investigación. En Madamme Cell atopamos a un dos maiores e libérrimos ácratas salvaxes sonoros peninsulares e en Denerin a un compositor refinadísimo da grande escola nórdica. Tres estreas mundiais coas que clausurar a presente edición do vertixeVIGO.

programa
MADAMME CELL (Vigo, 1969) Nova obra** (2014) frauta, saxofón, guitarra eléctrica, percusión, piano
HENRIK DENERIN (Suecia, 1991) Rhizom** frauta contralto ( picc.), saxofón soprano, piano, percusión, cello
VÍCTOR IBARRA (México, 1978) Homenaxe a Marcelo Toledo* Concerto para saxofón e ensemble saxofón, flauta, acordeón, violín, cello, arpa, guitarra eléctrica, piano, percusión

*estrea mundial co apoio de Ibermusicas e FONCA, residencia artística vertixeVIGO14 **estrea mundial

VERTIXE SONORA Alessandra Rombolà frauta | Pablo Coello saxofón | Celia Adrián acordeón | Mario Peris violín | Thomas Piel violonchelo | Angéllica Vázquez arpa | Rubén Barros guitara eléctrica | David Durán piano | Diego Ventoso percusión

co apoio de Ibermusicas (VV.PP.) e o FONCA (México)