VIII Festival Vertixe Sonora 2020
Universo Macías: Así Pasen 25 Anos
Relatorio

Catalogación e dixitalización do fondo Macías

Roberto Oliveira

sábado 7 noviembre / 10:00H

Descrición dos materiais, problemáticas da dixitalización e procesos de catalogación do fondo familiar do compositor Enrique X. Macías.

Roberto Oliveira (Salceda de Caselas 1979)

Artista multidisciplinar especializado en Percusión, Electrónica [música electroacústica] e Arte Visual, completa seus estudios de licenciatura en percusión no Koninklijk Conservatorium, Hogeschool van Beeldende Kunsten, Muziek en Dans da cidade da Haia [Países Baixos]. Continúa seus estudios de «master in music performance» na Royal Irish Academy of Music de Dublín, DCU Dublin City University [Irlanda], obtendo a distinción “First Class Honours.

Ao longo da súa traxectoria profesional realiza concertos como solista, con ensembles contemporáneas e orquestras sinfónicas coas que ten participado en numerosos festivais nacionais e internacionais, destacando entre eles o “Zeltsman Marimba Festival Appelton, Wisconsi (2005 USA); “TIPC Taipei International Percussion Convention (2008 Taiwan); Huddersfield Contemporary Music Festival (2013 Reino Unido); Liepaja Contemporary Art Forum (2017 Letonia).

Galardoado na quinta edición dos Premios Martín Códax da Música, Robertoliveira conta con tres discos en solitario Pparafusxo” (2010), Diáspora, novas músicas de aquí e de acolá” (2017) e “Argana, estrutura rítmico espiñal” (2020).

Actualmente e doutorando na Facultade de Historia, Xeografía e Historia da Arte na USC Universidade de Santiago de Compostela, onde esta a realizar un traballo de investigación sobre a figura do compositor galego Enrique X. Macías.