Presentación

Comeza a estudar viola aos oito anos no Conservatorio Manuel Quiroga de Pontevedra. Continúa a súa formación na Escola de Altos Estudos Musicais cos profesores Tilmann Kircher e Natalia Madison e realiza os seus estudos posteriores no Conservatorio Superior de Música de Vigo. 

No ano 2015 gradúase no Hogeschool voor de Kunsten Utrecht (Países Baixos) co profesor Mikhail Zemstov e no ano 2017 finaliza un máster en interpretación no ArtEZ Conservatorium de Zwolle (Países Baixos) coa profesora Julia Dinerstein obtendo as máximas calificacións. 

Participa en diversos festivais tales coma o festival “Sugrizimai” (Lituania) “Aurora” (Suecia) e “Oranjewoud” (Países Baixos) e desenvolve unha extensa actividade orquestal colaborando con diferentes orquestras en España e nos Países Baixos.

Recibe clases maxistrais de recoñecidos violistas, entre os que destacan: Yuval Gotlibovich, Prunella Pacey, Ilan Schneider, Simon Rowland-Jones, Sven Arne Tepl, Alexander Zemtsov, Michael Kugel, Alan Kovacs, José Manuel Román, Paul Cortese, Rachel Roberts e Vincent Fillatreau. 

Dende o ano 2013 compaxina a súa actividade concertística coa pedagóxica, e dende o ano 2017 é membro de Vertixe Sonora.