Presentación

Doutora en Ciencias da Comunicación na Universidade de Santiago, traballou durante case unha década no desaparecido semanario A Nosa Terra antes de pasarse á comunicación cultural hai quince anos. Responsable de prensa do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) entre 2006 e 2009, na actualidade ademais de levar a difusión da actividade de Vertixe Sonora Ensemble, coordina a comunicación noutros proxectos culturais do noso país como Culturgal Feira das Industrias Culturais ou Festival Sinsal SON Estrella Galicia.