Presentación

Adica gran parte do seu tempo ao clarinete baixo, á música contemporánea e á improvisación. Despois dos seus estudos de clarinete con Nuno Pinto (Porto) e de clarinete baixo con Ernesto Molinari (Berna – Suíza), fixo a International Ensemble Modern Academy 2015/16 (Frankfurt – Alemaña). Entre 2012 e 2015, Hugo recibiu unha bolsa da fundación Calouste Gulbenkian. Conseguiu premios como o Premio de Música Eduard Tschumi, o 1oº Premio no I Concurso Internacional de Clarinete Baixo “Julián Menéndez” (Ávila – España 2012) e o 1oº Premio na categoría de clarinete baixo no 10º Concurso Internacional de Clarinete “Città di Carlino” (Italia – 2012). É un artista D’Addario Woodowind.