Presentación

Naceu en Salamanca (España). Completou os seus estudos de arpa clásica no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid con Maria Rosa Calvo Manzano, estudou Jazz na Universidade de Arizona con Carrol McLaughlin e realizou dous Masters no Real Conservatorio de Den Haag con Ernestine Stoop e Anne La Berge especializándose en música contemporánea, experimental e improvisada.

Colaborou con compositores como Takayuki Rai, Guus Janssen, Kate Moore ou Joseph Waters, improvisadores como Butch Morris, Evan Parker, Han Bennink ou Steve Hubback e diversos ensembles de música contemporánea como Insomnio (Utrech), Modelo 62 (La Haya), BrokkenFabriek (Amsterdam), RPM Electro Travelling Band (La Haya), DAMU collective (La Haya) e Remix (Oporto).