Presentación

Comeza os estudos de violonchelo aos 9 anos nas Harrow Schools of Music. Tras pasar pola East Notts Music School, no 86 comezou a estudar con Florence Hooton e actuou como solista coa Nottingham Youth Orchestra. No 88 ingresou na Royal Academy of Music de Londres para continuar a súa formación con D. Simpson, D. Smith e os membros do Amadeus Quartet. Recibiu os premios Herbert Walenn e Croft. Tamén recibiu unha beca para estudar na Dartington International Summer School. En 1989 invitouse a participar no festival de Montepulciano en Italia. Tamén participou en clases maxistrais de Lynn Harrell. Como solista interpretou coas sinfonías de Ecuador, Loja, Cuenca, a Orquesta de Richmond e Camerata de Nottingham. Tamén deu recitais en Londres, Cambridge e Nottingham, para Caja Madrid e Centros Culturais en España.