A MÚSICA CONTEMPORÁNEA NA PENÍNSULA IBÉRICA

O obxectivo dos músicos da Xeración do 27 foi, partindo da tradición musical española, incluír a nosa música nas principais correntes vangardistas que se desenvolvían por aquela época en Europa. A pesar de todos os atrancos que deberon superar e do traumático parón tras a guerra civil española, que condenou á maioría dos músicos da xeración ó exilio, as bases creadas por este grupo terán continuidade na coñecida como Xeración do 51”. J.I. González Mozos

No limiar do s. XX, a creación musical en España estaba dominada pola corrente postromántica e nacionalista que lideraban Manuel de Falla, Enrique Granados, Isaac Albéniz e Joaquín Turina. Tras eles, unha nova xeración de compositores abriuse paso transitando un camiño que os levou cara os postulados estéticos neoclásicos e modernistas imperantes na Europa de entreguerras. Neste grupo sobresairán nomes coma os de Ernesto e Rodolfo Halffter, Federico Mompou, Roberto Gerhard ou o lucense Jesús Bal y Gay, sendo á vez predecesores da xeración do 51 dos Cristóbal Halffter, Luis de Pablo ou Carmelo Bernaola, creadores vinculados ás vangardas creativas da segunda metade do s.XX. Paralelamente a isto, tiña lugar en Portugal un proceso similarcon compositores coma Luís de Freitas Branco ou José Viana da Motta pasándolle o testigo a unha nova xeración con nomes coma Emmanuel Nunes, Luís Tinoco, João Pedro Oliveira, Jorge Peixinho ou Miguel Azguime.

 “Quen se aferra a un sistema, faise epígono de quen o inventou. Crear é, ó meu modo de ver, transformar o sistema, como fixo Mozart no seu tempo” Enrique X. Macías

Foi en Portugal onde o vigués Enrique X. Macías, posiblemente o compositor galego máis importante do último terzo do s. XX, encontrou máis sinerxías e apoios para desenvolver o seu labor creativo. Estas e outras circunstancias da súa vida serán abordadas na conferencia-concerto “Enrique X. Macías: material – rizoma” a cargo de Paco Yáñez e Vertixe Sonora Ensemble.

Ademais desta actividade, o VII Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI” contará cunha programación de tres concertos, unha clase maxistral de percusión e o espectáculo de música e danza contemporánea “Olladas no Tempo”.

Diego Ventoso
Dirección artística e coordinación do Ciclo

CONCERTOS

Martes, 2 de abril ás 20:00 h. – MIHL
REMEMORANDO O PORVIR
VERTIXE SONORA
Roberto Alonso 
violín

PROGRAMA
Joao Pedro Oliveira Derivative I (2016)
José María Sánchez-Verdú Tres Interludios (2006)
Francisco Guerrero Zayin VI (1996)
Joan Bagés Chambre Noire (2016)


Martes, 9 de abril ás 20:00 h. – MIHL
LIBRO DE ESCOITAS
VERTIXE SONORA
Thomas Piel 
violonchelo

PROGRAMA
Luís Antunes Pena …winterlich ruhende Erde… (2000)
Jacobo Gaspar Grandal Partita/Libro de escoitas I (2018)


Martes, 23 de abril ás 20:00 h. – Conservatorio Profesional de Música Xoán Montes
ENRIQUE X. MACÍAS: MATERIAL – RIZOMA(conferencia – concerto)
Paco Yáñez relator
VERTIXE SONORA
David Durán 
piano / Ángel Faraldo electrónica

PROGRAMA
Enrique X. Macías Cadencias e Interludios / Percurso I (1992)


Martes, 30 de abril ás 20:00 h. – MIHL
ELECTRONIC’S
Noé Rodrigo 
percusión

PROGRAMA
Octavi Rumbau En Rythmoi (2011/2012) vibráfono e electrónica
Jesús Torres Tiento (1997) marimba e vibráfono
Ramón Humet Profund (2016) nove cuncas tibetanas e electrónica
Igor C. Silva Your Trash (2016) batería, electrónica e vídeo

 

ESPECTÁCULO DE MÚSICA E DANZA CONTEMPORÁNEA

Xoves, 11 de abril ás 18:30 h. e 20:30 h. – Centro Cultural O Vello Cárcere
OLLADAS NO TEMPO

PROGRAMA
Polo Vallejo Tactus (2006) percusión e danza
El Llibre Vermell de Montserrat Mariam Matrem Virginem (s. XIII – XIV) ensemble de clarinetes, percusión e danza
María Mendoza Azul (2015) vibráfono, electrónica e danza
Tomás Luis de Victoria Magnum Mysterium (s. XVI – XVII) ensemble de clarinetes e danza
Uxío Domínguez Alegorías*(2019) marimba, electrónica e danza
Joan Baptista Comes Vamo, plimo y adoremo (s. XVII) ensemble de clarinetes, percusión e danza
João Pedro Oliveira Vox Sum Vitae (2011) vibráfono, electrónica e danza
Francisco Tárrega Recuerdos de la Alhambra (1896) ensemble de clarinetes, percusión e danza

* Estrea absoluta


Grupo de percusión do CMUS Xoán Montes
Ensemble de clarinetes do CMUS Xoán Montes
Grupo de danza contemporánea do CPD de Lugo

 

CLASE MAXISTRAL DE PERCUSIÓN

Martes, 30 de abril de 17:00 h. a 18:30 h. – MIHL
O REPERTORIO IBÉRICO PARA PERCUSIÓN
Noé Rodrigo percusión

 

ENTRADA DE BALDE ata completar a cabida en todos os concertos. Para as dúas sesións do espectáculo “Olladas no Tempo” recoller invitacións na Oficina Municipal de Turismo (Praza do Campo, nº 11) no seu horario habitual a partir do 2 de abril (2 por persoa)