I Do Audible 2013
Charla-concerto

Palabras, palabras, palabras…

Vertixe Sonora e Maite Dono (poeta) con Emilio Lede (musicólogo)

Sunday 2 June
12:00H
Museo de Belas Artes
A Coruña

Coa presentación de Emilio Lede e participación de Maite Dono


Programa

Peter Ablinger(Schwanenstadt, Austria, 1959) Voces e piano/ Bertolt Brecht (2012) piano e cinta
Arturo Fuentes(México DF, 1975) Memorias del vacío (2012) saxofón, contrabaixo, piano e percusión
Peter Ablinger(Schwanenstadt , Austria, 1959) Voces e piano/ Mila Haugová (2012) piano e cinta

Fran MM Cabeza de Vaca (As Palmas, 1976) cidade a / cidade b / cidade ce até o zeta (retail, wholesale) (2013)
Guitarra eléctrica, saxo baixo, percusión e electrónica a partir de gravacións urbanas de Kamen Nedev (Acoustic Mirror) e textos orixinais e voz en cinta: María Salgado

Peter Ablinger (Schwanenstadt, Austria, 1959) Voces e piano/ Hanna Schygulla (2012) piano e cinta

O programa de palabras, palabras, palabras aborda as posibilidades da oralidade como elemento de construción do discurso musical. Serán as resonancias fónicas, as inflexións da fala ou do recitado poético, o ritmo do poeta ou a súa entonación, os fíos dos que se derive o xogo de sonoridades que sustenta a trama musical nas partituras seleccionadas.

A lingua materna como orixe da acentuación rítmico-melódica na música instrumental, as inflexións da fala e dos seus rexistros dialectais como fundamento do canto, así como os variados territorios que median entre ambas serán pontóns que recorreremos de vagar.

Contaremos nesta mañán de domingo coa poeta e cantante Maite Dono, quen descifrará as claves da súa creación literaria completando o cadro no que palabra e son se combinan para estimular a nosa sensibilidade. Ademais Maite Dono prestará a súa voz nalgunha das pezas interpretadas no concerto.

VERTIXE SONORA
Maite Dono voz/ Pablo Coello saxofón baixo/ Rubén Barros guitarra eléctrica/ Diego Ventoso percusión/ David Durán piano/ Ángel Faraldo electrónica e difusión multimedia

Sobre os compositores e as obras
Peter Ablinger (Schwanenstadt, Austria, 1959) entusiasmouse co free jazz antes de rematar os seus estudos de composición. Vive en Berlín desde hai trinta anos e é un dos poucos músicos que emprega o ruído sen ningún tipo de simbolismo. O ruído no traballo de Ablinger é ruído, dese que provoca dúbidas sobre as convencións da propia música. En Voces e piano (2012) o austriaco mostra unha selección da “totalidade”; unha obra que é, a súa vez, parte dun todo que non se nos vai mostrar. Escoitaremos as voces gravadas de Bertol Brecht, Mila Haugová e Hanna Schygulla aínda que o piano, máis que acompañar, compita con elas.

Arturo Fuentes (México DF, 1975) é un compositor habitual de festivais internacionais que teñen lugar en Europa ao redor da música instrumental e electroacústica. Reside en Austria e antes formouse e viviu en Francia. Memorias del vacío (2012) está basada en el libro Noticias del Imperio del escritor mexicano Fernando del Paso e fíxase especialmente no proceso de loucura de Carlota de Bélxica “emperatriz de México e do baleiro”.

Fran M.M. Cabeza de Vaca (As Palmas de Gran Canaria, 1976) formouse en composición electroacústica e participou como compositor e intérprete en diversos espectáculos escénicos así como dirixiu o proxecto Veo una voz xunto a actriz Ana Barcia. Cidade a / cidade b / cidade ce até o zeta (retail, wholesale, 2013) parte dun texto orixinal de María Salgado (Madrid, 1984) e achégase ao espazo urbano nun territorio híbrido entre o masivo (wholesale) e o retallo, o miúdo (retail), entre os berros e os susurros, entre o ruído industrial e o tintineo do cotián. As imaxes urbanas de Acoustic Mirror, heterónimo do produtor Kamen Nedev, están integradas na peza.