Obradoiro de circuit bending

picbendingImpartido por Miguel Pipa.

Sábado 2 de Novembro de 11:00 a 14:30 e de 17:00 a 21:00
Domingo 3 de Novembro de 11:00 a 14:30
 
MARCO, Museo de Arte Contemporánea de Vigo
Príncipe 54
36202 Vigo

 A música e a arte son en ocasións o resultado de casualidades ou accidentes que acontecen durante o proceso creativo, brindando oportunidades para explorar novas formas e novas ideas. A busca de tales casualidades é a esencia do circuit bending (a exploración e modificación de sons en circuítos electrónicos existentes cun fin artístico). O curto-circuíto aplicado consiste en descubrir o mundo sonoro escondido en xoguetes electrónicos, sintetizadores, pedais de efectos, samplers, walkie-talkies, reprodutores de casete, teléfonos e demais aparatos, recoñecendo a súa potencialidade como instrumentos musicais cunha sonoridade única. Unha serie de “extensións” (compoñentes, botóns, células foto-eléctricas…) poden preparalos para unha interacción humana baixo unha óptica musical, abrindo novas posibilidades para crear e controlar sons. A experimentación é unha ferramenta fundamental neste proceso, no que con espírito lúdico, descubrimento e creación resultan inseparables.

Programa do obradoiro:

  • Introdución ao circuit bending: Como facer o que é estritamente necesario.
  • Ferramentas, materiais e compoñentes electrónicos.
  • Nocións de soldadura.
  • Recolección de xoguetes e material electrónico barato.
  • Modificación do circuíto electrónico.
  • Nocións de conexión directa e tacto dos compoñentes electrónicos.
  • Concepción dun instrumento (musical?) a partir dos curto-circuítos e modificacións electrónicas obtidas.
  • Experimentación colectiva, orquestra de ruídos, rectificacións.

O obxectivo principal do taller é que cada participante faga polo menos un instrumento a partir de aparatos electrónicos.

Miguel Pipa

picbiopipaMiguel Pipa naceu en 1980 en Vila do Conde (Portugal). O seu primeiro contacto coa música foi a través da guitarra e a batería. Interesado dende idade temperá por descubrir novas sonoridades, pronto se achegou á exploración da música electrónica por software, e pouco despois, dende perspectivas que abranguesen aspectos de (de)construcción como hacking, circuit bending, DIY ou glitch.

Participou en obradoiros como Repensar Música Electrónica con Rafael Toral, Construción de Instrumentos con Rolf Gehlhaar, Software Bending con Ángel Faraldo e o seminario Connected Making con Peter Kirn. Como formador, conduciu obradoiros de circuit bending na Casa da Música (Porto), LCD (Guimaraes) e o Festival Circular (Vila do Conde). En 2000 nace kanukanakina, o seu proxecto performativo.

+ info: www.miguelpipafilipe.wordpress.com