I Do Audible 2013
Charla-concerto

O son natural

Vertixe Sonora con Fernado Casás (artista) e Emilio Lede (musicólogo)

Wednesday 6 November
20:30H
Facultade de Belas Artes
Pontevedra

Coa presentación de Emilio Lede e participación do artista Fernando Casás

Música e natureza teñen unha estreita e histórica relación. A interrogación eterna da natureza segue actualizando prácticas precedentes que atopan o seu moderno equivalente: a harmonía das esferas na acústica espacial, a descrición hiperrealista na sonificación de datos, etc. No eido da música a tradución de procesos e fenómenos acústicos comporta por sí mesma un repertorio de obras mestras fundamentais que continúa a escribirse na actualidade a través de aproximacións heteroxéneas que comparte o mesmo pulo atávico.

No programa obras moi vinculadas ao land art, como Earth (Terra) do ruso Alexander Khubeev ou ás estacións entendidas como ciclos temporais de Jacobo Gaspar. Nesta ocasión, será o artista Fernando Casás (Gondomar, Pontevedra, 1946), representante dun diálogo permanente coa natureza, quen describa as interrelacións entre a práctica artística e a contorna natural. Os vestixios do paso do tempo, as mutacións na selva tropical ou na súa paisaxe natal galega, determinan a súa traxectoria creativa de máis de corenta anos.

Programa
Esaias Järnegard (Suecia, 1983) Härd (2012) : saxofón, guitarra eléctrica e percusión
Alexander Khuebeev (Rusia, 1986) eARTh (2012): saxofón, contrabaixo, piano e percusión
Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975) Sombras de invierno (2012): saxofón, contrabaixo, piano e percusión
José María Sánchez Verdú (España, 1968) Óxido (2012): saxofón, contrabaixo, piano e percusión

VERTIXE SONORA:
Pablo Coello, saxofón / Thomas Piel, violonchelo / Carlos Méndez, contrabaixo / Rubén Barros, guitarra eléctrica / Diego Ventoso, percusión / David Durán, piano

Sobre os compositores e as obras
Härd. Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1983) escribe principalmente música de cámara cunha visión cada vez máis fenomenolóxica salientando a relación entre corpo e instrumento. A linguaxe, o texto, en loita por emanciparse na súa música. Exemplo disto e a peza Härt (2012), palabra que fai referencia ao fogar e na que o compositor concibe ” o son como estancia. Unha existencia, unha extensión no espazo definido polo (s) corpo (s). A boca como un reverberante punto de partida e o punto comúns de existencia. O lugar no que o(s) son(s) reúnense”.

eARTh. Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986) é finalista dos premios Gaudeamus 2013, o prestixioso certame de composición con sede en Holanda desde os anos cincuenta. En 2011 foi compositor residente do moscovita GAM Ensemble. En eARTh (2012) Khubeev implementa as ideas do land-art, empregando material sonoro máis nativo e próximo á natureza que, porén, demonstra que a pureza non existe e que debemos xogar cun espectro de sons entrelazados. “A terra (eARTh) sen arte (ART) queda tan só nun eh”, di o compositor.

Sombras de inverno. Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975) é compositor, profesor de análise, harmonía e contrapunto no Conservatorio superior de Vigo. Ademais, é licenciado en Economía. O inverno é en Sombras de inverno (2012) a dialéctica entre a quietude e a violencia. Tamén é sombra difusa e erosionante. Os elemento sucédense na obra provocando estados inertes que se ven sacudidos por descargas violentas.

Óxido. José María Sánchez Verdú (Algeciras, 1968) graduouse en Dirección da Orquestra, Musicoloxía e Composición no Real Conservatorio Superior de Música de Madrid. Na mesma cidade licenciouse en Dereito, antes de ir a Siena a estudar composición con Franco Donatoni. A propósito de Óxido (2012) di: “A base metafórica principal nace da oxidación como proceso. E a guitarra eléctrica, que comeza un pouco máis tarde na peza, é a que desata tal proceso irreversible desde a súa aparición ata o final da obra. A ferruxe vermella, predominante neste proceso, a pulverización das superficies e dos materiais é aplicado de forma sinestésica no son musical”.