I Festival Vertixe VIGO 2013
Experimenta 2013
Concerto

MDMME + Ángel Faraldo + Hugo Morales

MDMME, Ángel Faraldo, Hugo Morales

Friday 4 October
21:00H
Laboratorio Alg-A
Vigo

Neste triplo concerto mesturaranse propostas que, dun modo ou outro, parten da música electrónica analóxica: A serie MX4OSC de MDMME, consiste nunha serie de pezas improvisadas a partir de ondas electrónicas puras e perturbacións xeradas por 4 osciladores, de xeito que as dificultades de control no proceso de manipulación sonora e a incerteza dos resultados alteran e alimentan o discurso musical. De modo similar, Ángel Faraldo utiliza unha mesa de mesturas para xerar toda sorte de sons coa retroalimentación electrónica da propia mesa. Por último, o rango de ferramentas que Hugo Morales utiliza nos seus concertos van dende os instrumentos tradicionais alterados física e/ou electronicamente ao traballo con obxectos rudimentarios amplificados. Será unha sorpresa ver con que nos sorprende nesta cita no laboratorio Alg-A.

MDMME Compaxina a sua actividade performática (concertos de electronica en tempo real e piano) con varias liñas de investigación relacionadas có son, o espazo público e o inconsciente. Activo instigador da escena experimental sonora galega, forma parte da comunidade de arte e acción libre ALG-A, da Orquestra de Música Espontánea OMEGA ou o proxecto pedagóxico ORQUESTA EXPLORATORIA.

+ info: http://mdmme.weebly.com/

Ángel Faraldo (Ferrol, 1980) é un músico experimental interesado na exploración sistemática de procesos que exploran recursos mínimos, como se materialza no seu ciclo Feedback Study Series (que abrange pezas para instrumentos e electrónica, obras con danza e instalacións), o seu sintetizador dixital MISS ou o seu achegamento á no-input mixer.

+ info: www.angelfaraldo.info

Hugo Morales Murguia (México DF, 1979) é compositor e artista sonoro radicado en Holanda. O seu traballo enfócase na creación e o deseño de formas alternativas de xeración sonora como parte fundamental do discurso musical. Xa sexa por medio de instrumentos tradicionais ou obxectos rudimentarios, a súa obra desenvólvese entre a exploración técnica, a notación, a modificación física, e o uso de diversas tecnoloxías.

+ info: www.hugomorales.org

 

O espazo

Desde a súa aparición o Alg-A Lab converteuse nun referente da experimentación na arte, a tecnoloxía libre, a arquitectura, a educación e a permacultura que ofrece a oportunidade de investigar diferentes posibilidades de autoxestión e organización colaborativas, inspiradas nas dinámicas da cultura hacker e as redes 2.0.

A comunidade de artistas Alg-a (2003), púxose en marcha en 2008 a partir da cesión por parte dun particular dunha leira de 3000m2 na parroquia Valadares (Vigo) na que se atopa, e á contribución do arquitecto-activista Santiago Cirugeda con 2 colectores-vivenda que forman parte do complexo, pertencentes ao seu proxecto Receitas Urbanas, xerme da actual rede internacional Arquitecturas