III Festival Vertixe Vigo 2015

Inside the inside

Sunday 22 November
18:00H
Verbum
VIGO

Inside the inside formula un espectáculo que divaga na experiencia íntima da escoita. Cinco estreas internacionais expresamente creadas para o Verbum que paseniño mergullan en sonoridades delicadas procurando acougo ou profusas e doentes continuidades sonoras. Músicas introspectivas, a experiencia do tempo e quizáis un mínimo e agochado aceno emocional.
No seu Quinteto, Miguel Ángel Tolosa, residente en Berlín e asociado ao colectivo Wandelweiser, presentará en Vigo a súa nova estrea, que indaga no baleiro. En Inside the inside, o percusionista e improvisador noruegués Ingar Zach traslada a investigación desenvolvida os últimos dez anos nunha ampla gama de instrumentos de percusión e aparellos electrónicos ao ensemble contemporáneo. Elena Rykova coreografía unha feroz competencia entre morcegos para cazar un piano en Bat Jamming (interferencias de morcegos) inspirada na ecolocación, o sistema que empregan para calcular distancias a partires da recepción do rebote das ondas sonoras. A estrea mundial de Tendón de Andrés Nuño de Buen forma parte do seu ciclo De líneas y nudos onde reflexiona sobre narratividade musical e o estatismo das esculturas sonoras a través dunha peza que recibiu o apoio “ 2014 – 2015” do para a súa estrea en Vigo. Remataremos con râh, unha reflexión sobre a peregrinación e a viaxe nas sociedades contemporáneas que nos propón percorrer o turco residente en
Boston Murat Çolak.

ELENA RYKOVA (Rusia, 1991) Bat-jamming* (2015)
MIGUEL ÁNGEL TOLOSA (España) Quintet* (2015)
INGAR ZACH (Noruega, 1971) Inside the inside***(2015)
ANDRÉS NUÑO DE BUEN (Mexico, 1988) Tendón** (2015)
MURAT ÇOLAK (Turquía, 1984) Râh* (2015)

*estrea mundial **estrea mundial financiada FONCA *** estrea mundial financiada Komponistenes Vederlagsfond, NOPA e TONO

VERTIXE SONORA
Alessandra Rombolá frautas | Joaquín Meijide clarinetes | Pablo Coello saxofóns | Celia Adrián acordeón | Ailsa Lewin violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | David Durán piano | Diego Ventoso percusión