VII Festival Vertixe Sonora 2019
Didácticos 2019
Pase escolar

Deriva

Victoria Cheah, Lula Romero, Katharina Rosenberger

Monday 7 October
12:00H
Auditorio Municipal
Valga

Vertixe Sonora, dentro do programa O Teu Xacobeo, está a realizar unha serie de actividades que inclúen concertos adicados aos centros educativos onde se presentarán as pezas musicais proporcionando ao alumnado as claves precisas para a súa mellor comprensión e disfrute.

“Deriva” reivindica a figura de María Balteira no Auditorio Municipal de Valga o 7 de outubro. Porque se ben a importancia do canto como vehículo de comunicación no camiño desde o século XII está documentada, “pouco sabemos das trobairitz, mulleres poetas do século XII. As achegas destas artistas quedaron reducidas a anécdotas históricas e raras veces se recolleron na historia da literatura medieval”. Nesta ocasión a través da evocación dun camiño percorrido, tal vez dunha busca, algo transformador do entorno, un vagabundeo, unha deriva (die Wanderung)”. Este concerto, servirá ademais para a presentación do CD “Lula Romero Portrait” (WERGO) da serie “Edition Zeitgenössische Musik” producido por Deutsches Musikrat. A obra de Victoria Cheah e Katharina Rosenberger, completan a proposta para Valga.

DESTINATARIOS: Alumnado de Primaria (5º,6º cursos), ESO e Bacharelato

PRAZAS: 500

ENTRADA: Libre ata completar aformaneto

INSCRICIÓN: Os centros interesados en participar no programa deben enviar a comunicacion@vertixesonora.net o nome do centro, o número de alumnos, un teléfono, un correo electrónico e o nome da persoa de contacto.

Programa

VICTORIA CHEAH (Estados Unidos, 1988) Unlike last month but like past years and next July(2018)
saxofón, piano, percusión

LULA ROMERO (España, 1976)  die Wanderung(2017)
instrumentos e electrónica en vivo

KATHARINA ROSENBERGER (Suiza, 1971)  blur* (2019)
frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión

*Estrea nova versión. Encomenda de Vertixe Sonora.

VERTIXE SONORA [intérpretes neste concerto] Clara Saleiro frauta | Pablo Coello saxofón | Nerea Rodríguez acordeón | Mario Peris violín | Tomas Piel violonchelo | Angélica Vázquez harpa | Rubén Barros guitarra eléctrica | Lula Romero electrónica

   

En Ruta. Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo