LATEXOS
Performance interactiva

Confluencia/Rede

Ángel Faraldo

Friday 8 November
19:30H
Igrexa de San Pedro
Melide

 

Proxecto beneficiario do programa O teu Xacobeo

Confluencia/Rede’ é unha performance con formato de instalación, na que o público pode transitar libremente polo espazo da intervención para descubrir os sons xenerados e filtrados polas dimensións e características do lugar e os obxectos que contén, alterados en directo polo transitar dos visitantes.

A obra parte dunha aproximación ecolóxica ao uso da tecnoloxía na arte, utilizando tablets e smartphones reciclados que, colocados en caixas de cartón (tamén recolectadas para a ocasión) captan, amplifican e mezclan os sons da propia controna con outros xenerados polo artista. Deste modo, crease unha interacción en vivo entre a distribución dos obxectos, os visitantes, e as accións do intérprete.

Ademais, utilizando as redes móbiles, GPS’s e brúxulas das tablets e smartphones, os altavoces de cartón reproducirán historias e reflexións sobre o Camino e o feito de camiñar tomadas de clásicos como Thoreau ou Emmerson, así como de autores receentes como o antropólogo francés David Le Breton. Baseadas na orientación das caixas no espazo en relación a Compostela, as distintas localizacións dentro do recinto ofrecerán variacións sobre as historias e os sons xenerados, simbolizando a confluencia de camiñantes de varias procedencias (Melide supón a confluencia do Camiño Primitivo coa ruta desde Francia) nun mesmo espazo-tempo.

VERTIXE SONORA

Ángel Faraldo, concepción e performance

 

Enlaces:

www.xunta.gal
www.turismo.gal