I Festival Vertixe VIGO 2013
Concerto

And add to the neon elk a pinch of tarragon

Marina Poleukhina

Wednesday 2 October
20:30H
Espacio Sirvent
Vigo

O estragón é unha especia común. Encóntrase en grandes cantidades no sol e outras estrelas.
Cando o alce quere beber, este debe entrar en augas profundas, ou inclinarse sobre as súas patas dianteiras.
A acción desenvólvese no desértico Café Müller, onde os clientes cultivan a súa soidade, contando historias a través da danza. Son e silencio (ao seu pai teríalle encantado, pero el foi e propuxo neon como título)

Marina Poleukhina (Rusia, 1989) estudou na Escola de Música Borodin e posteriormente no Conservatorio Rimskij-Korsakov de St. Petesburgo cos profesores N. Broverman (piano) e S. Lavrova (composición). En 2011 continúa a súa formación no Conservatorio Tchaikovsky de Moscova na clase do profesor Vladimir Tarnopolskij.

Participou nos Cursos de Verán de Darmastadt 2010 coa peza  ‘Module of memory. Folder #1’ xunto aos compositores G. Apeerghis e B. Ferneyhough e na Academia Impuls 2011 coa peza ‘Q’, traballando nesta ocasión con B. Furrer, P. Billone e G.F. Hass. Foi seleccionada no 2011 pola Academia Tchaikovsky de nova música xunto a outros doce compositores, estudando con P. Billone e F. Bedrossian. En 2012 recibe  a encarga do Festival Platforma de Moscova dunha obra para intérpretes, danza, luz e música, que levará o título ‘And add to the neon elk a pinch of terragon’. A súa música foi interpretada nos festivais Another space, Fin de siècle, From Avant-Garde to Nowdays, Sound ways, Transcriptions of our time, por ensembles coma MCME de Moscova, Nostri Temporis, NoName.

Dende 2011 adícase á improvisación. En 2012 crea o ensemble [t] con Kirill Shirokov e grava o CD Puinen Neon Iktu xunto con Alexej Sysojev e Alexander Chernyshkov, con quen tamén crea no 2013 o ensemble O I O. A súa música se publica na discográfica Pan y Rosas.

MARINA POLEUKHINA (RU, 1989) and add to the neon elk a pinch of tarragon (2012) frauta de pico, guitarra eléctrica, bailarina e luz de neón

VERTIXE SONORA Pablo Coello, frauta de pico | Rubén Barros, guitarra eléctrica
TRASPEDIANTE DANZA Begoña Cuquejo, bailarina

O espazo

A continua inquietude da Empresa SIRVENT dedicada ao mobiliario contemporáneo levoulle a integrar nas súas propias instalacións, un espazo dinámico con gran presenza na vida cultural da cidade.

Iniciado en colaboración co comisario Ángel Calvo Ulloa e a partir da intención de axuntar arte e deseño en todas as súas disciplinas, contemplando diferentes posibilidades de achegamento ao gran público, logrou converterse nun motor cultural de referencia internacional cunha programación punteira que abarca amplos campos de interese e inclúe exposicións, instalacións, proxeccións, concertos, etc.

O edificio deseñado polo arquitecto vigués Alfonso Penela tamén ofrece en si mesmo unha boa mostra de arquitectura contemporánea, conseguindo, entre outros, diferentes recoñecementos como o Premio ENOR, ou o finalista aos Premios FAD de Arquitectura do ano 2006.

+ info: www.sirventvigo.com