Conferencia

A memoria interior

Víctor Ibarra

Friday 21 June
20:30H
Casa do Saber
Lugo

CONFERENCIA
memoria interior dunha paisaxe, as fronteiras e os límites, as ambiguedades da lectura, o encontro e a resistencia ou o fracaso dun soño. A busca en torno aos conceptos da fronteria e o límite e as analoxías entre o sonoro e o plástico, o físico e o químico, o sólido e o lo líquido

Proxecto apoiado polo Fondo Nacional para la Cultura y las Artes


Víctor Ibarra. 
México, 1978
De orixe mexicana, Victor Ibarra experimentou na súa ampla formación, tanto no seu país natal como en Francia e en Suíza, as ensinanzas de mestres como Hebert Vázquez, José Luis Castillo, Édith Lejet, Daniel D’Adamo ou Michael Jarrell, recibindo, entre outros, os seguintes premios internacionais: o primeiro premio Alea III nos Estados Unidos, o primeiro premio no Auditorio Nacional de Música – Fundación BBVA en España, o primeiro premio Mauricio Kagel, o premio Zeitklang en Austria ou o primeiro premio do concurso de composición de Basilea en Suíza. Recientemente foi seleccionado no VII Foro Internacional de Mozos Compositores do Aleph Ensemble, mentres recibía o seu nomeamento como membro da Casa de Velázquez – Academia de Francia en Madrid.

Asiste regularmente á difusión das súas producións, maxistralmente interpretadas por prestixiosos grupos internacionais; recentemente completou o Máster en Composición no Conservatorio Nacional de Música e Danza de Lyon, obtendo o primeiro premio por unanimidade e o recoñecemento da Fundación Salabert. Desde 2014 é membro do Sistema Nacional de Creadores de Arte do Fondo Nacional de Cultura e Artes de México.

O seu estilo baséase nos máis variados recursos que perfilan unha linguaxe xenuina, inmerso na microtonalidade e con un escrupuloso traballo harmónico que pode resultar labiríntico e mesmo obsesivo, acentuado por esa enerxía rítmica que o convirte nun compoñente esencial do seu discurso ou o emprego do  virtuosismo instrumental, como unha ferramenta para xerar espazos e dimensión. A influencia do espectralismo francés, que lle axuda a traballar cunha intención colorística e tímbrica, ainda que non de forma exclusiva, e o diálogo interdisciplinar, que acostuma establecer coas artes plásticas, imprimie unha marca persoal no seu traballo, que aborda desde unha claridade nos instintos e ideais compositivos.

Paloma Benito Fernández(Musicóloga)