VI Festival Vertixe Sonora 2018
Didácticos 2018
Concerto escolar

A exposición negra

Simone Santi Gubini, Paul Clift, Panayotis Kokoras

Monday 15 October
12:30H
Auditorio
Cangas do Morrazo

Simone Santi Gubini procúranos unha experiencia inmersiva total coa súa música para orquestra amplificada de nove instrumentos. Segunda das pezas na composición círculo evolución da obra de teatro musical para violoncello amplificado “E” (2016). En A exposición negra os instrumentos conforman un corpo musical enorme e vasto (de alta resistencia) provocado a través das escalas acústicas. O son como puro defecto instrumental é ambivalente, áspero, polvoriento, furiosamente profundo e sólido, como unha materia prima: materia grexa torchiata.

No contraste máximo de rexistros, o instrumento produce tons inestables e sons de “sobreexposición” para crear un novo tipo de movemento de paso. Todo o espazo do auditorio reconvertido no interior do instrumento musical. O público está inmerso no son do instrumento, na súa profundidade.

En Sound Box (caixa de son) explórase a forma en que se produce o son instrumental e a forma en que o instrumento reacciona á acción do músico durante a interpretación. Trátase dun xogo no que a forma se desenvolve facendo sons e non reproducíndoos”. A este divertimento convídanos o compositor grego Panayotis Kokoras na súa nova obra escrita especialmente para Vertixe Sonora co patrocinio de North Texas University.

A proposta a completa Inhabiting the vanishing de Paul Clift a segunda colaboración do compositor australiano con Vertixe Sonora despois do éxito do seu cuarteto The sea is not rising (2017)

programa

PAUL CLIFT Inhabiting the vanishing* para frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión
PANAYOTIS KOKORAS Sound Box* para frauta , saxofón tenor, percusion piano, violín violoncello, contrabaixo e electrónica
SIMONE SANTI GUBINI A exposición negra para ensemble amplificado de nove instrumentos

*estrea mundial, encomenda de Vertixe Sonora

VERTIXE SONORA [intérpretes neste concerto]
Clara Saleiro frauta | Jorge López clarinete | Pablo Coello saxofón | Jesús Coello fagot | Oswaldo Costal guitarra eléctrica | Roberto Alonso, Mario Peris violín | Ailsa Lewin, Milagros García cello | Carlos Mendes contrabaixo | Diego Ventoso percusión |David Durán piano, teclado e interfaces