I Festival Vertixe VIGO 2013
Experimenta 2013
Laboratorio

Experimentación instrumental e creación sonora

Hugo Morales

Friday 4 October
16:00H
Alg-A Laboratorio
Valadares (Vigo)

Ao longo de 3 sesións divididas en partes teóricas e prácticas, presentarase un percorrido pola historia da música electrónica experimental, dende os experimentos futuristas e os primeiros instrumentos electrónicos de principios do século XX, pasando polos visionarios “históricos” do son como Varèse ou Cage, ata as correntes de hacking e DIY.

A intención deste percorrido é sensibilizar e crear unha visión xeral e ampla sobre o son como material esencial na composición e a execución instrumental, así como estimular a experimentación e exploración sonora con materiais de uso común e instrumentos tradicionais, con ou sen axuda de ordenadores.

O obxectivo último do laboratorio é extraer conclusións prácticas e desenvolver composicións ou improvisacións baseadas nos conceptos e técnicas presentadas ao longo do taller, que inclúen entre outras:

  • Técnicas de música concreta e música electrónica.

  • Xeración de pulsos, sinusoides e ruídos por ordenador.

  • Técnicas de edición de son.

  • Gravación e xeración de sons con micrófonos de contacto, transdutores, etc.

  • Técnicas instrumentais estendidas.

  • Técnicas de preparación instrumental e procesamento físico de sinais.

  • Hackeado de instrumentos tradicionais.

O laboratorio está dirixido a compositores, instrumentistas e público en xeral.

Información e inscripcións: institutogalegodesonoloxia@gmail.com

  • Inscripción: 25 € (prezo especial de 20 € para socios de Alg-A

  • Número máximo de participantes: 12

  • Destinatarios: músicos, artistas e público en xeral

 

O espazo

Desde a súa aparición o Alg-A Lab converteuse nun referente da experimentación na arte, a tecnoloxía libre, a arquitectura, a educación e a permacultura que ofrece a oportunidade de investigar diferentes posibilidades de autoxestión e organización colaborativas, inspiradas nas dinámicas da cultura hacker e as redes 2.0.

A comunidade de artistas Alg-a (2003), púxose en marcha en 2008 a partir da cesión por parte dun particular dunha leira de 3000m2 na parroquia Valadares (Vigo) na que se atopa, e á contribución do arquitecto-activista Santiago Cirugeda con 2 colectores-vivenda que forman parte do complexo, pertencentes ao seu proxecto Receitas Urbanas, xerme da actual rede internacional Arquitecturas Colectivas.