Galego Español English

DO AUDIBLE 2016

Xuñ 3, 2016 by     No Comments    Posted under: Concertos

CARTEL DO AUDIBLE 2016

Do Audible é un ciclo de concertos que procura achegar puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento contemporáneos na conquista dunha percepción musical máis consciente.

Do Audible actualiza as rutinas de escoita coa aspiración de recuperar o concerto de música como experiencia privada de auténtica transformación. Unha conmoción reveladora que devolva a escoita ao seu lugar, como acontecemento capital do entendemento humano.

Cada concerto organízase arredor dun foco temático e interactúa coa palabra cómplice de relevantes personalidades do mundo da cultura, que achegan informacións e perspectivas de interpretación do feito musical que resulten enriquecedoras para os oíntes.

Do Audible descobre a paisaxe sonora da literatura musical dos últimos decenios, rastrexa as interaccións ocultas entre diferentes disciplinas ao longo da historia e explica as claves da creación musical de todos os tempos. Aviva a nosa imaxinación, esperta a sensibilidade de públicos novos, procura acadar, na comuñón da emoción e da intelixencia, unha experiencia artística transcendente.


Coma espellos dun calidoscopio

Martes 7 de xuño ás 20:30

Sala Emilia Pardo Bazán no Edificio de Ferro do campus de Ourense da UVigo (Ourense)

Colaboran: Vicerreitoría do campus de Ourense e Unidade de Igualdade da UVigo

Sete derradeiras comidas. Voz, frauta de pico e electrónica

Con UMS’n JIP. Agrupación convidada 2016

Mércores 22 de xuño ás 20:30

Espacio Sirvent (Vigo)

Colaboran: Pro Helvetia e Kulturrat des Kantons Wallis

Microteatro psicopático, estrea mundial

Con Carlos Álvarez-Ossorio (director teatral) e Óscar Carmona (compositor)

Mércores 21 de setembro ás 20:30

Museo de Arte Contemporánea Gas Natural Fenosa

Colaboran: Gas Natural Fenosa

Turbulencia ou a idea de espazo

Achegamento á idea de espazo na filosofía e na música

Comisariada por Luc Döbereiner (compositor)

Coa participación especial de Arturo Leyte (filósofo)

Martes 4 de outubro ás 20:30

Facultade de Belas Artes (Pontevedra)

Colaboran: Concello de Pontevedra, Vicerreitoría do campus de Pontevedra da UVigo, Berliner Senatskanzlei Kulturelle Angelegenheitene e Instituto Goethe

Máis información: www.cultura.gal

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.