Galego Español English

CORRESPONDENCIAS SONORAS

Mai 13, 2012 by     No Comments    Posted under: Concertos, Conciertos, Novas

MÚSICA E ARTE
CORRESPONDENCIAS SONORAS

CICLO DE CONCERTOS
VERTIXE SONORA ENSEMBLE

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Maio-novembro 2012

O ciclo MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS continúa como cada ano o seu diálogo entre música e arte contemporáneos a partires das exposicións que desenvolve o CGAC. Nesta edición visitaránnos algúns dos compositores emerxentes de maior prestixio do panorama internacional contribuíndo a constituir un espazo de referencia da música de vangarda e un verdadeiro encontro interdisciplinar de difusión e creación musical.Entre os compositores que recibiron comisións do Vertixe Sonora para transitaren polas propostas do Centro Galego de Arte Contemporánea conviven creadores de diferentes sensibilidades, nacionalidades e culturas; e teñen cabida todas as expresións creativas do noso tempo. O obxectivo é coñecer de primeira man as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música: cinco concertos con trece estreas absolutas e diversas actividades paralelas.

O ciclo iniciase o Día Internacional dos Museos co concerto de presentación A INSPIRACIÓN DA LUZcon música de Pierre Jodlowski (Toulouse, 1971) e Giorgio Netti (Milano, 1963), dúas personalidades moi ligadas á traxectoria do ensemble.
Obras e artistas da Colección Fundación Helga de Alvear incluídos na exposición De la generosidad serven de referencia a González Compeán (León-Guanajuato, México, 1978), Hernández Ramos (México DF, México, 1975) e Ramón Souto (Vigo, España, 1976) para as composicións do segundo concerto do ciclo baixo o título Recolección. Completarase o programa coas presentacións en España de Dmitri Kourliandski (Rusia,Moscova, 1976) e Nadir Vassena (Balerna, Suíza, 1970).

Tempo, infinito, repetición e presenza son os catro conceptos esenciais na obra da artista Esther Ferrer que poderá verse no CGAC. O título da exposición, EN CATRO MOVEMENTOS, serve tamén de referencia a un espectáculo no que estes conceptos son manexados desde un plano musical e persoal polos compositores Teresa Carrasco (Oviedo, España,1980), Sivan Cohen-Elias (Xerusalén, Israel, 1976), Marco Marinoni (Monza, Italia, 1974) e Oriol Saladrigues (Barcelona, España, 1978).

A obra de Fernando Casás e a súa vinculación coa land art terá dobre presenza neste ciclo. Primeiramente DE PAISAXES, PASEOS E ARQUEOLOXÍAS SONORAS…, un concerto de música electrónica comisariado polo artista sonoro e compositor Ángel Faraldo (Ferrol, España, 1980); e pechando o ciclo, EFÉMERO, cinco creacións realizadas a partir da obra de Casás polos compositores Jacobo Gaspar (Mos, Pontevedra, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, Suecia, 1980), Alexander Khubeev (Perm, Rusia, 1986), Matthias Kranebitter (Viena, Austria, 1980) e Simone Movio (Latisana, Italia, 1978).

» Máis información sobre o ciclo na Web do CGAC

» Documento en pdf sobre o ciclo

Got anything to say? Go ahead and leave a comment!

You must be logged in to post a comment.