Galego
Español
English

MÚSICA E ARTE: CORRESPONDENCIAS SONORAS

MÚSICA E ARTE
CORRESPONDENCIAS SONORAS

CICLO DE CONCERTOS
VERTIXE SONORA ENSEMBLE

CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA
Maio-decembro 2014

SON copy

Música e Arte: correspondencias sonoras únese á celebración do Día Internacional dos Museos cunha conmemoración particular: a do quinto aniversario, convertido o ciclo nun referente da creación musical internacional coa participación de compositores de numerosos países de Europa (Alemaña, Austria, Francia, Grecia, Holanda, Italia, Portugal, Reino Unido, Rusia, Serbia, Suecia, Suiza), de América (Arxentina, Brasil, Canadá, Chile, Costa Rica, EEUU, México) ou de Oriente Próximo e Asia (Irán, Israel, Turquía), nunha relación entre música e arte na que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis relevantes e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música. Se en edicións anteriores o CGAC acolleu até trinta estreas absolutas vencelladas directamente ás súas exposicións, durante o 2014 sumaranse once novas obras comisionadas por Vertixe Sonora Ensemble.

Referencias clásicas da pintura, xunto a confrontacións entre realidade e virtualidade, sociedade e tecnoloxía estarán presentes en Vínculos, primeiro dos concertos convertido nunha celebración-homenaxe a esta fructífera relación entre música e arte coa presentación en España das obras de dous compositores íntimamente ligados á labor desenvolvida por Vertixe Sonora e o CGAC, Germán Alonso (Madrid, 1984) e Stefan Prins (Bélxica, 1979).

O segundo concerto, Posible/Imposible, estará ligado á figura do artista galego Diego Santomé. Utopía e fracaso, equilibrio e inestabilidade ou referencias a obras específicas do autor servirán de argumentos para as estreas de Bernardo Barros (Brasil), Francisco Castillo (México, 1983) e Miguel Matamoro (Vigo, 1991), xunto á presentación en España da obra de Fernando Garnero (Arxentina, 1976).

Para o concerto do 18 de novembro a proposta musical vén da man de Takuto Fukuda (Xapón, 1984), Vladimir Gorlinsky (Rusia, 1984), Marek Poliks (Estados Unidos, 1989), Benjamin Scheuer (Alemaña, 1987) e Sabrina Schroeder (Canadá, 1979) baixo o título Desvelado.

En A marxe da realidade escoitaremos as novas creacións de Stefan Beyer (Alemaña, 1981), Lou Michelle (EEUU), Andrés Nuño de Buen (México) e Santiago Quintáns (Vigo), propostas musicais a partires da exposición sobre Carlos León A orde das primeiras cousas.

Paralelamente desenvolverase CAUSAL, encontro internacional de composición, espazo para a conversa directa cos compositores antes dos concertos e coa posibilidade de asistir a os ensaios previos.

» Documento en pdf sobre o ciclo
» Información na web do CGAC


PROGRAMA

Os concertos terán lugar no Auditorio do CGAC. A entrada é de balde e limitada á capacidade da sala.

18 de Maio, 13h
VÍNCULOS

Germán Alonso Ecce Saturnus* (2013)
anti-Cronia para saxofón barítono e electrónica en vivo
Stefan Prins Generation Kill offspring 1* (2012)
percusión, violonchelo, 2 gamecontrollers, electrónica en vivo,
vídeo en vivo

25 de Xuño, 20.30h
POSIBLE/IMPOSIBLE

Fernando Garnero Ballad* (2012)
frauta, saxofón, piano, percusión e electrónica
Francisco Castillo Nova obra** (2014)
frauta, saxofón e violonchelo
Bernardo Barros Spill** (2013)
saxofón, violonchelo, piano e percusión
Miguel Matamoro Nova obra** (2014)
frauta, saxofón, piano e percusión

18 de Novembro, 20.30h
DESVELADO

Marek Poliks Nova obra** (2014)
frauta, violín, arpa e piano
Vladimir Gorlinsky Bramputapsel#2* (2013)
frauta e clarinete
Sabrina Schroeder Nova obra** (2014)
saxofón, arpa, piano e electrónica
Takuto Fukuda Nova obra** (2014)
frauta, violín, arpa e electrónica
Benjamin Scheuer Nova obra** (2014)
frauta, saxofón, violín, arpa, piano e electrónica

16 de Decembro, 20.30h
A MARXE DA REALIDADE

Lou Michelle Nova obra** (2014)
saxofón, guitarra eléctrica e piano
Andrés Nuño de Buen Nova obra** (2014)
acordeón, contrabaixo e percusión
Santiago Quintáns Nova obra** (2014)
saxofón e guitarra eléctrica
Stefan Beyer Nova obra** (2014)
saxofón, acordeón, contrabaixo, guitarra eléctrica, piano e percusión

*Presentación en España
**Estrea absoluta. Encarga de Vertixe Sonora Ensemble

VERTIXE SONORA ENSEMBLE
Alessandra Rombolà frauta / Joaquín Meijide clarinete / Pablo Coello saxofón, gamecontroller / Vadim Yukhnevich acordeón / Roberto Alonso violín, gamecontroller / Criptana Angulo, Thomas Piel violonchelo / Carlos Méndez contrabaixo / Angélica Vázquez arpa / Rubén Barros guitarra eléctrica / David Durán piano / Diego Ventoso percusión / Ángel Faraldo electrónica, difusión de son e vídeo // Dirección Musical Pablo Coello / Dirección Artística Ramón Souto

 

DIRECCIÓN DO CICLO: Pablo Coello
COORDINACIÓN: Cristina Trigo

CGAC
SERVIZO DE ACTIVIDADES E PROXECTOS EDUCATIVOS
Rúa Ramón del Valle Inclán 2, 15703 Santiago de Compostela
Tel.: 981 546 623 / cgac.actividades@xunta.es / www.cgac.org

xunta Vertixe Sonora sonoloxia usc

Calendar

Outubro 2014
L M M X V S D
« Xul   Dec »
 12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031