Saltar navegación

TImbre ou color?

Na linguaxe musical emprégase a palabra cor extensamente e en moi variados contextos para referirse ás variacións tímbricas na música.

Esa aparente metáfora deixa de perceberse coma unha pretensión banal, cando coñecemos que para moitos artistas foi e segue sendo un centro básico de interese e investigación que evidencia a común natureza vibratoria tanto do son como da color. 

Hoxe a música visual é algo tan implantado como o cinema e a fotografía pero como veremos trátase dunha disciplina certamente moi antiga. Nesta e na seguinte entrada imos tentar explicar por qué. O que está claro, en calquera caso, é o renovado interese que na época actual atopan estas aproximacións. Cecáis pola preeminencia visual que caracteriza os nosos tempos, ou sobre todo, polo desenvolvemento do arte dixital que rápidamente interacciona música e color (coma ben sabemos para un computador tan só son números)

A información que expoñemos a continuación é unha reordenación do magnífico artigo de Rubén Díaz Caviedes para jotdown. Se queres leer o orixinal clica no seguinte enlace: cromopianos, órganos de color y cromatófonos Tamén recomendamos que visites este museo virtual da música visual e esta páxina sobre algúns dos logros actuais na materia. Aínda que cun enfoque completamente diferente —pois relaciona música e pintura a partir dos termos que comparten— recomendamos a lectura do seguinte artigo do profesor Emilio Lede na revista Sull Ponticello: música e arte correspondencias sonoras.