Saltar navegación

Termos e máis termos

 

Imos repasar algúns dos termos rollentos relacionados coas ondas: ciclo, período, lonxitude de onda e frecuencia e fase

 

Ciclo

é o patrón de repetición que se observa na amplitude dunha onda. O ciclo non se mide, se observa é equivalente á lonxitude de onda.

 

Período

O período dunha forma de onda periódica (que está a repetirse continuamente) é o tempo que a onda tarda en realizar un ciclo completo ou dito doutro xeito o tempo transcurrido entre dous puntos equivalentes dunha onda. Tes que recordar que é tempo.

 

Frecuencia

A frecuencia sería pola contra o número de veces que a forma de onda repite ese ciclo nunha unidade de tempo determinada.

 

As frecuencias mídense en ciclos por segundo ou hercios.

Os períodos coma mídense en segundos.

O noso ton de 100 Hz tarda como acabamos de ver 0,01 segundos en realizar un ciclo completo. O período é 0,01 segundos.

 

 

Lonxitude de onda

A lonxitude de onda é a distancia entre dous puntos simétricos sucesivos calesquera dunha onda —por exemplo a distancia da punta do cumio dun dos nosos outeiros á punta do seguinte dos cumios— A lonxitude de onda é unha medida espacial que nos indica cuán lonxe viaxa a onda no espazo nun período. Os sons musicais moi graves poden ter lonxitudes de onda moi longas: algúns gongs xavaneses de Indonesia) vibran ao redor de 8 Hz a 10 Hz, de feito que teñen lonxitudes de onda son da orde de 30 a 35m. Mira o tamaño do gong nesta foto! Fai sons realmente graves.

Se queremos calcular cál é a lonxitude da nosa onda temos que multiplicar a velocidade do son (345m/s) polo período (dato que podemos obter directamente da frecuencia porque o periodo é o inverso da frecuencia 1/frecuencia) A fórmula é ben sinxela: lonxitude da onda= 345 x 1/ frecuencia

Agora xa sabes se te van a escoitar os teus amigos cando os chames no pasillo do insti. Se é demasiada distancia non te esforces, non haberá maneira.

 

Punto de inicio

Por último o punto de inicio de cada ciclo dunha onda chámase fase.

Escolle a opción correcta

o patrón de repetición que se observa na amplitude dunha onda denomínase

Habilitar JavaScript

o número de veces que a forma de onda repite o seu ciclo nunha unidade de tempo determinada denomínase

Habilitar JavaScript

o punto de inicio de cada ciclo dunha onda chámase

Habilitar JavaScript

as frecuencias mídense en

Habilitar JavaScript

a distancia entre dous puntos simétricos sucesivos calesquera dunha onda chámase

Habilitar JavaScript