Saltar navegación

Taxa de mostraxe

Debemos pois, decidir a qué velocidade constante (este adxectivo é eiquí determinante) debemos recoller as mostras que nos permitan facer unha representación fidedigna do sinal analóxico (contínuo). Teñen que ser suficientes mostras para que o noso sinal non se vexa distorsionada (10, 20 30 fotografías da nosa escena, cántas consideras necesarias?). Dependerá, en todo caso do tipo de sinal que queramos representar ou do contexto. Cando temos febre, con medir a temperatura corporal cada media hora ou cecáis cada hora pode ser suficiente. Cando estamos vendo unha etapa de montaña no Tour con observar cada cinco minutos cómo vai tamén pode ser suficiente (en calquer caso mira o final, non vaia pasar que suceda algo xusto no último segundo e non saibas quen gañou!!)

A taxa de mostraxe é o elemento determinante para representar correctamente un sinal mediante números. Afortunadamente os investigadores Harry Nyquist e Claude Elwood Shannon estableceron unha fórmula que nos permite non errar nesta fase do proceso: o teorema de Nyquist-Shannon. Pero antes de chegar ahí podemos adiantar que no caso dos sinais sonoros, é preciso tomar moitísimas mostras para poder representalos de maneira fidedigna. 44.100 mostras por cada segundo de tempo ou incluso 48.000 mostras por segundo (se abres Pure Data → Media → Preferencias de Audio podes comprobalo. Cál é a frecuencia de mostraxe que aparece por defecto?) Con tasas de mostraxe tan elevedas non hai diferenza entre a forma de onda analóxica e a súa representación dixital, polo menos de cara aos nosos oídos.

Por fin xa temos listas de números que por certo denomínanse series de tempo. Xenial!, xa podemos comunicarnos co noso computador.

Escolla múltiple

Pregunta

A velocidade constante á que rexistramos a mostra dun sinal é

 

Respostas

A taxa de mostraxe

 

 O teorema de Nyquist

34100 mostras por segundo

Retroalimentación