Saltar navegación

Sinestesias

En neurofisioloxía, sinestesia (do grego συν, 'xunto', e αἰσθησία, 'sensación') é a asimilación conxunta ou interferencia de varios tipos de sensacións de diferentes sentidos nun mesmo acto perceptivo. Un sinestésico pode, por exemplo, ouvir cores, ver sons, e percibir sensacións gustativas ao tocar un obxecto cunha textura determinada. Non é que o asocie ou teña a sensación de sentilo: sente realmente. A sinestesia é un efecto común dalgunhas drogas psicodélicas, como o LSD, a mescalina ou os fungos psilocibios.

Ainda que non a única a sinestesia cor son é unha das máis frecuentes entre artistas —outra é a de grafismo color— e experiencias de sinestesia son amplamente desenvolvidas na actualidade. Unha das teorías máis extendidas para explicar este fenómeno que atención non é unha enfermidade, describe que inicialmente, no noso nacemento, todos seríamos sinéstésicos e a propia evolución no desenvolvemento que na procura dunha maior eficiencia especializa diferentes zonas cerebrais as máis eficaces. Os sinestetas manterían conexións desta primeira época na idade adulta.

 

MÚSICA VISUAL CINE

 Os exemplos son tan variados

1938 Poema Óptico de Fischinger

Fischinger produciu máis de medio centenar de curtametraxes e oitocentas pinturas e é recoñecido como o pai da música visual e o avó dos vídeos musicais. O seu poema óptico realizado para a MGM, é unha película baseada na Segunda rapsodia húngara de Liszt. Nela continua explorando as posibilidades da cor en movemento e o audio sincronizado.

 

1940 - Fantasia de Disney

É unha das obras sinestésicas máis difundidas da historia mostra de que non só as vangardas preocupáronse polo asunto. A lenda a atribúe á inventiva de Walt Disney despois de presenciar en París unha das exhibicións de Charles Blanc-Gatti. A pasaxe inicial da película é, sen matices, pura e literal sinestesia sobre a Tocata e fuga en re menor de Bach. Trátase de «unha nova forma de entretemento», tal e como anuncia Deems Taylor ao comezo do filme, feita de «música absoluta». Non é imaxe nin é música; son ambas á vez. Unha delicia para, polo menos, dúas do cinco sentidos.

 

1940 - Spook Sport de Normal McLaren

Non tan difundido pero igualmente magnífico é Spook Sport, un curto do cineasta experimental Normal McLaren, tamén de 1940, que abre explicando que «na seguinte novidade en curto de animación, cor, música, movemento combínanse nun novo tipo de película-ballet».

 

Actividade

Cun programa de edición de video tipo movie maker ou similares poropoñémoste realizar unha proposta audiovisual inspirada nos traballos destes pioneiros. Recorda que co teu propio móbil podes gravar as imaxes. Trata de que atopar unha estética adecuada.

COMPOSITORES SINESTÉSICOS: Alexander Scriabin e Messiaen

 

1915 - Prometeo de Alexander Scriabin

 Díxose nalgunha ocasión que Scriabin compuxo o seu Prometeo —o poema do lume— para establecer un paralelismo entre o heroe mitolóxico que regalou o lume á humanidade e el mesmo, que con esta peza sinestésica entregaba ao home a música total. Sexan ou non especulacións o certo é que cando morreu deixou inacabada Armagedón, unha monumental obra que incorporaba música e luz e pretendía proxectar, atención, no Himalaya. O clavier à lumières co que o compositor acompañou o seu Prometeo en 1915 era en realidade unha mellora do órgano de luces de Alexander Rimington. Traladémonos á estrea.

A velada rusa prometía en Manhattan o 21 de marzo de 1915. Tocaba o pleno da Russian Symphony Orchestra of New York, dirixía o eminente Modest Altschuler e sentaba ao piano Marguerite Volavy no Carnegie Hall, templo extraoficial da música do imperio ruso en Estados Unidos inaugurado facía 25 anos polo mismísimo Tchaikovski. Era un despregamento retórico algo aparatoso para estrear a calquera que non fose Rachmaninov, a gran sensación da época, ou a algún dos últimos membros vivos do Cinco, e desde logo excesivo en medios para unha obra breve “un poema sinfónico” que non pasaba do vinte minutos.

 Pero non era este un poema sinfónico máis: o autor da obra, un compositor novo chamado Alexander Scriabin, requiría que o público acudise ao concerto vestido de branco. Ademais, o seu Prometeo: o poema do lume executaríase acompañado por un artefacto misterioso denominado cromola ou clavier à lumières, cunha natureza, para máis misterio, que só revelaríase durante o propio concerto. Estamos nunha época e un contexto no que a novidade non é o valor que é hoxe cando se trata destas cousas, así que o patrocinio ruso de Nova York tivo que invocar a solemnidade do Carnegie e as garantías de intérpretes consagrados para conseguir encher, como encheu, a platea do auditorio.

Foi un fracaso. Polo menos se pasamos por alto que esteamos aquí falando da ocasión, case cen anos despois, e avaliámolo só en termos inmediatos. De feito parte do público abandonou o local contrariado polo intento de Scriabin de ilustrar o seu Poema do lume con cores proxectadas sobre o público, que é para o que servía o enigmático clavier à lumières. Poucos entenderon que non era un simple foco de luces de cores, senón un instrumento coidadosamente pulsado coa súa propia partitura, e ninguén sentiu que o Prometeo fose unha obra escrita necesariamente para o estímulo de dous sentidos —o oído e a vista—, en lugar de só un. E, desde logo, alí moi poucos ou ningún experimentaron a inmersión sinestésica física que buscaba Scriabin ao pedirlles que fosen vestidos de branco. «A expresión sincera dun xenio», como dixera da música deste compositor o mismísimo León Tolstói, foi unha vez máis pasada por alto no seu tempo e o compositor morreu un mes máis tarde como o fan, en efecto, os xenios, que con frecuencia é de forma moi parva. Cortouse afeitándose, contraeu septicemia e morreu en Moscova con tan só corenta e tres anos.

 

Olivier Messiaen

Non poíamos deixar de mencionar ó grande mestre francés nunha aproximación ás relacións entre música e color. Dixo Olivier Messiaen, sinestésico el mesmo, que uno dos grandes dramas da súa vida consistiu en dicirlle á xente que vía cores cando escoitaba música «e eles non vían nada, nada en absoluto». E o drama debeu selo, en efecto, porque ás súas sinfonías ocórrelle como ás catedrais góticas: que non se entenden se non é cheas de luz. O home, non en balde, era coñecido por enfadarse e encomendarse ao deus do trono cando os seus intérpretes non entendían as súas anotacións a pé de partitura, na que o compositor asignaba aos sons colores e propiedades visuais como brillo ou opacidade.