Saltar navegación

Simetrías e outeiros

Tes percibido algún patrón que se repita nas imaxes que mostra o osciloscopio? Quedáramos en 100 Hz.

 

Digamos que vemos algo moi parecido a un outeiro (un outeiro de amplitude!). Ou con máis literatura: un trazo curvo que se inicia cun leve afondamento que continúa cunha pronunciada pendente para rematar nun cumio ondulado que a súa vez descende para... e aquí remata a imaxe. Non podemos máis dicir...

Falamos de outeiro porque imaxinamos que se eleva sobre a terra.

Nunha imaxe máis apropiada deberíamos de falar de outeiro sumerxido no auga.

Ou cecáis pequeno outeiro que se reflexa nunha lagóa límpida e prístina que o rodea (ou dunas no infinito deserto, qué sei eu!!)

 

En calquera caso o chames como o chames (eu prefiro seguir coa imaxe do outeiro) ten en conta que o que se produce é un desprazamento da membrana do altofalante nunha dirección e na contraria (nun marco que vai de -1 a 1 cun punto de equilibrio en 0, de ahí os números no marxe dereito). E que canto maior sexa ese despraxamento maior será o volume que haberá e canto máis pequeno tanto máis suave será o son. Recordas?

Continuemos por tanto coa imaxe do outeiro e ascendamos no recadro numérico do parche a 200Hz para ver qué sucede.

 

Agora temos dous outeiros absolutamente simétricos, completamente iguais e máis apretados co de 100Hz, onde antes había un outeiro agora hai dous outeiros (ou xorobas de camello, antes sería dromedario entón)

Vexamos en 300Hz.

 

Agora son tres os outeiros inda máis apretadiños (onde cabían dous caben tres!!) Parece a canción do elefante balanceándose nunha tenda de campaña.. Pero sucede así sempre? (ou ben chamarán a outro outeiro?...)

 

 

Quero anotes o número de outeiros que atopas en relación á listaxe de números que aparece escrita máis abaixo. Só tes que contar os cumios —ese será o noso índice de control (en 100Hz -1 cumios, en 200 Hz - 2 cumios, en 300 Hz canots van?, etc.)—. Pero por favor cun pouco de metodoloxía. Recoméndote operar do seguinte xeito. Marcas son on/off introduces o valor no recadro numérico correspondente e pulsas intro. Desmarcas son on/off (non sexas trapalleiro, espera a que a imaxe apareza centrada) e anotas na túa táboa o número de cumios. E así sucesivamente.

valor en HZ --> nº de cumios
100 -->
200 -->
300 -->
400 -->
500 -->
600 -->
700 -->
800 -->
900 -->
1000 -->
2000 -->
3000 -->
4000 -->
5000 -->
6000 -->
7000 -->
8000 -->
9000 -->
10000 -->

 

 Por último debes saber que a este outeiro ou patrón de repetición de amplitude que observamos na nosa onda chamámolo ciclo.

Habilitar JavaScript