Saltar navegación

Serie harmónica

Todos os sons producidos pola natureza, inclusive os xerados pola vibración de calquera elemento como pode ser a corda dunha guitarra, ou o aire que pasa dentro dos tubos dun instrumento de vento, ademais da frecuencia principal, producen outros sons chamados armónicos, xeralmente cun volume mais baixo, —cáseque inaudible— que gardan unha relación matemática con ese son principal ou fundamental claramente perceptible. O número destes sons é infinito e a relación que gardan con respecto ó son principal é o de ser o dobre, o triplo, catro veces a frecuencia do son principal, etc... A esta serie de sons os chamamos a serie harmónica.

Esta é a serie harmónica a partires do do máis grave que pode producir un piano coma son fundamental.

 

 

 

Indices de numeración de parciais

Para estudar a série harmónica numérase cada son cun índice, comezando polo número un que se corresponde co son fundamental. Se te fixas no gráfico observarás que na parte inferior aparece esa relación de números consecutivos que identifica os diferentes parciais da serie. Debes recordar que o son fundamental é asimesmo o 1º parcial. O número 2 indica o 2º parcial, o 3 o 3º e así sucesivamente...

 

Escoitando a serie harmónica

Se queres verificar auditivamente a existencia da serie recoméndoche que pulses es do fundamental e manténdoo pulsado baixes —con moita delicadeza e sen producir son— a tecla do parcial que queiras escoitar na súa correspondente altura. En canto soltes o son fundamental debería quedar resoando ese parcial escollido. Evidentemente percíbese de xeito moito máis nítido canto menor sea o número do parcial.

 

Parciais harmónico e inharmónico

dicimos que os parciais son armónicos cando as súas frecuencias representan múltiplos enteiros positivos con respecto a esa nota fundamental e inarmónicos en caso contrario. Os primeiros parciais harmónicos da serie teñen unha importancia histórica fundamental para explicar as teorías da consonancia da música tonal. Os parciais inarmónicos son os compoñentes de ruido dun son.

Nun instrumento de corda frotada podes atopar fácilmente os armónicos rozando levemente co dedo a corda —non apoies a corda contra a tastiera como pisarías a corda en condicións normais— mentres activas a súa vibración co arco (podes atopalos do mesmo xeito nunha guitarra)

 

No fragmento final de Hora lunga, o primeiro movemento da súa Sonata para viola, o extraordinario compositor húngaro György Ligeti emprega somentes sons da serie harmónica natural a partires da IV corda da viola que está afinada en DO. Canto máis aguda maior suciedade do son que se desvanece para fundirse no puro ruído. Nesta vella partitura podes leer o fargmento ó que facemos referencia:

 

 

Aquí podes escoitalo na versión de Zimmerman.