Saltar navegación

Robert Moog e Wendy Carlos

 

 

Robert Moog naceu en 1934 en Nova York. Aínda que estudou piano desde pequeno,o que lle chiflaba realmente era enredar con compoñentes electrónicos. Non en balde, o seu pai George Moog traballaba en Edison como enxeñeiro. Aos 15 anos construíu o seu primeiro Theremín, picado polo artigo dunha revista de electrónica. Animado polo seu pai, Bob dedicouse a construír theremines caseiros, e logo a vendelos, demostrando xa un incipiente olfacto comercial. En 1954 xorde a R.A. Moog Co. onde empezou a comercializar kits de montaxe de theremines baixo a fórmula de "faino ti mesmo"

1963, unha data clave na historia da electrónica. Moog coñece a Herbert Deutsch, compositor experimental que sempre estaba á procura de sons electrónicos novos para as súas composicións. Fué Deutsch quen inspirou a Moog para crear o seu primeiro sintetizador, o Moog Modular Synthesizer.

A compañía Moog Music creceu de forma espectacular durante os primeiros anos facéndose máis coñecida cando Wendy Carlos edita o álbum Switched on Bach. Bob deseño e comercializou novos modelos, como o Minimoog, a primeira versión portátil do Moog Modular, o Moog Taurus (teclado de pedais dunha oitava de extesión, con transposición para baixos e agudos), o PolyMoog (primeiro modelo 100% polifónico), o MemoryMoog (polifónico, equivalía a seis MiniMoog´s nun), o MiniMoog, o Moog Sanctuary, etc.

Non nos estenderemos aquí falando dos seus posteriores problemas económicos produto de malas xestións e da súa posterior retirada a un pequeno poboado dos Apalaches, a recuperación via xudicial da marca Moog en 2002 e o seu falecemento na súa casa de Asheville (Carolina do Norte) dun tumor cerebral o 21 de agosto de 2005.

Resulta mais interesante lembrar a achega de Moog e a súa sintetizador á música. Cásque todos os xéneros musicais utilizaron o seu invento: o rock (progresivo, psicodélico, new wave; até o metal, hard rock e o glam), algúns artistas clásicos e nin falar de todos os subgeneros do electro pop e a música electrónica en xeral. Antes de que o sintetizador Moog chegase ás tendas xa se vendían outros aparellos similares, pero o seu pequeno tamaño e versatilidade xogaron ao seu favor, así como que fose lanzado a mediados dos 60, cando a música tendía cara á psicodelia, coa que os seus sons casaban á perfección.

Sen esquecer que a dedicación da marca moog á fabricación de Theremines durante máis de 50 anos ininterrompidos a contribuído ao rexurdir deste misterioso e delirante instrumento. 

 

 

Wendy Carlos naceu o 14 de novembro de 1939 en Rhode Island. Tras graduarse en Música na universidade de Columbia coñeceu a Robert Moog e foi unha dos seus primeiros clientes, servindo de ensaio para o posterior desenvolvemento do sintetizador Moog.

O seu primeiro disco Switched-On Bach, un disco de reintepretaciones electrónicas de grandes obras clásicas, foi talvez o primeiro álbum en tentar o emprego de sintetizadores como unha alternativa á orquestra. Axudando ao enxeñeiro Robert Moog no desenvolvemento do seu primeiro sintetizador comercial, Carlos axudou a promover esta tecnoloxía, que era moito máis difícil de usar que hoxe en día. As técnicas de gravación multipista xogaron un papel importantísimo no lento e custoso proceso de creación do seu álbum.

Na súa longa discografía caben destacar as súas creacións para as bandas sonoras da A laranxa Mecánica en 1972, O Resplandor o 1980 e Tron en 1982.

Non podemos obviar que o seu seis primeiros álbums foron publicados como Walter Carlos, xa que nada home, Wendy someteuse con éxito a unha operación de cambio de sexo en 1972. As posteriores reedicións dos seus traballos foron xa publicadas baixo o nome de Wendy Carlos. A súa primeira aparición tras o cambio de sexo foi unha entrevista na revista Playboy (en maio de 1979), unha decisión da que máis tarde se arrepentiría debido ao mal gusto e pouca seriedade con que o autor tomou e manipulou deliberadamente detalles tan privados durante a súa transición e polo tanto a publicidade indeseada que atraeu sobre a súa vida privada.

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

Robert Moog naceu en 1944 en Chicago.

Pregunta 2

 

Aos 15 anos construíu o seu primeiro Theremín

 

Pregunta 3

 

En 1963 Moog coñece ó enseñeiro Herbert Deutsch

 

Pregunta 4

 

Herbert Deutsch inspirou a construción do Moog Modular Synthesizer

 

Pregunta 5

 

O álbum Switched on Bach de Wendy Carlos daría a coñecer mundialmente os sintetizadores Moog

 

Pregunta 6

Moog morreu dun tumor de fígado o 21 de agosto de 2005 en Asheville.

 

Pregunta 7

Robert Moog naceu en 1934 en Nova York.

Pregunta 8

Switched-On Bach reintepretaba electrónicamente grandes obras clásicas.

Pregunta 9

 

Wendy Carlos fixo a banda sonora de A laranxa mecánica (1972) O Resplandor (1980) e Tron en (1982)

 

Pregunta 10

 

Wendy someteuse con éxito a unha operación de cambio de sexo en 1962 (antes chamábase James)

 

Pregunta 11

Robert Moog naceu en 1934 en Nova York.

Pregunta 12

A súa primeira aparición tras o cambio de sexo foi unha entrevista na revista Playboy en maio de 1969.