Saltar navegación

Queremos facer acordes!!!

Pese aos extraordinario éxito de ventas do Minimoog D non cumplía todas as expectativas dos clientes. Xa non tiñas que loitar cunha infinidade de cables para poder utilizalo, pero aínda tiñas que lidar cunha chea de potenciómetros e conmutadores antes de poder realizar algo tan simple como pasar dun son a outro. Ademais, os teclistas aburríanse tocando liñas de melodía monofónica nos sintetizadores; querían poder tocar acordes. Aínda que os teclados de voz dual (unha segunda voz soando por encima da principal) que se conectaban a dous sintetizadores monofónicos xa estaban dispoñibles a principio dos anos 70, os clientes querían máis. Os enseñeiros dispúñanse a conquistar a polifonía.

O problema tivo dous momentos significativos:

  1. Emerxeron dúas escolas de pensamento en canto ao deseño dos sintetizadores: sintetizadores monofónicos e independentes por cada tecla do teclado ou sintetizadores asignados a unha tecla só cando esta se pulsaba.
  2. Desenvolveuse a posibilidade de almacenar sons nos propios sintetizadores.

 

Creando polifonías

1975 - O Moog Polymoog de David Loce: 71 teclas sopesadas e sensibles á velocidade

 Un enfoque reclamaba un sintetizador monofónico e independente asignado a cada tecla do teclado. Para iso, os deseñadores uniron os principios do deseño de órganos electrónicos coa tecnoloxía dos sintetizadores. Aínda que esta nova variedade de instrumento era totalmente polifónico (ouvíanse todas as notas do teclado simultaneamente), as súas opcións de control non eran tan versátiles como as dun verdadeiro sintetizador. O primeiro sintetizador totalmente polifónico que integrou este tipo de deseño foi o Moog Polymoog, que apareceu en 1975. Desenvolvido nun primeiro momento por David Loce, integraba 71 teclas sopesadas e sensibles á velocidade.

 

Moog Polymoog

 

1973 - O Modular Keyboard System Series 4050 de E-MU Systems

Na segunda aproximación á xeración do son polifónico, asignábase un sintetizador a unha tecla só cando esta se pulsaba (en efecto, semi-polifonía). E en 1973, a empresa estadounidense E-MU Systems presentou o Modular Keyboard System Series 4050, un teclado dixital que podía conectarse até a dez sintetizadores monofónicos, e que por tanto tiña unha polifonía de dez voces. Os problemas con este enfoque son evidentes:

  • pouca xente era capaz de comprar estes sintetizadores, e

  • a cantidade de tempo e esforzo implicado na programación da configuración dun novo son era un importante elemento de disuasión.

  • a evolución dos sintetizadores semi-polifónicos esixía unha calidade e memoria dixital que só proporcionaría o desenvolvemento dos teclados dixitais.

 

Modular Keyboard Sistem de E-MU System

  

Almacenando sons

O desenvolvemento da enxeñaría dixital terminou por levar até os sintetizadores que permitían almacenar sons. Sen a vantaxe da tecnoloxía dixital, os primeiros intentos de almacenar o son incluíron solucións pouco flexibles. Como exemplo, un sintetizador que puidese programarse de forma analóxica esixía unha fila dedicada que integrase todos os elementos de control do instrumento, para cada ranura de “memoria”. Neste caso, un interruptor selector accedía a un dos numerosos e idénticos paneis de control e conectábao ao xerador de son.

 

1975 - GX1 de Yamaha

O primeiro sintetizador que integrou ranuras de almacenamento implementadas desta forma foi o GX1, que Yamaha sacou ao mercado en 1975. Os elementos de control para as ranuras de almacenamento do sistema eran tan pequenos que só podían axustarse utilizando desaparafusadores de xoiaría e outras complicadas ferramentas, chamadas programadores e comparadores.

 

GX1 de Yamaha

 

1978 – Prophet-5 de Sequential Circuits/ 40 ranuras de memoria

Até 1978 non se resolveu satisfactoriamente o problema. O Prophet-5, polifónico e de cinco voces, sacado ao mercado pola empresa estadounidense Sequential Circuits, foi o primeiro sintetizador do mundo cun dispositivo de almacenamento global. Todos os axustes para cada un do seu cinco sintetizadores monofónicos incorporados almacenábanse en ranuras de memoria (40 no modelo inicial). Ademais, os cinco sintetizadores compartían unha única interfaz de usuario, o que simplificaba as cousas de maneira considerable. A pesar do seu elevado prezo inicial, este instrumento demostrou ser extremadamente popular, e construíronse preto de 8.000 até 1985. Ademais da súa implementación de polifonía e memoria, o éxito do Prophet-5 é atribuíble á excelente calidade do seu sistema de xeración de son analóxico.

 

 

Prophet-5 de Sequential Circuits

 

 

Actividade de encher espazos

Lea o parágrafo seguinte e escriba as palabras que faltan.

Nos 70 xurdiron formas de deseñar a nos sintetizadores: sintetizadores e independentes por tecla ou asignados a unha tecla só cando esta se .

O Moog Polymoog de David apareceu en tiña teclas sopesadas e sensibles á

o Modular Keyboard System Series 4050 de Systems podía crear unha de voces. Inaugurou o enfoque semi-polifónico dos sintetizadores dixitais modernos que integran variable, memoria e sistemas de xeración de son completamente dixital.

O de Yamaha aparecido en empregaba un para conectar os controis do instrumento coas ranuras de memoria.

O de Sequential Circuits aparecido en dispuña de ranuras de memoria e tiña voces. Eses cinco sintetizadores compartían unha única de usuario. Tiña ademáis un sistema de xeración de son de excelente calidade.

Habilitar JavaScript