Saltar navegación

Que é o timbre?

Escoita os seguintes sons:

 

Trátase de sons gravados, supostamente á mesma intensidade é na mesma altura 440hz, con todo qué fai que os identifiquemos tan claramente coma diferentes? A esa cualidade chamámola timbre.

 

Timbre

Permite distinguir a diferencia —se a houbese— entre sons que teñen a mesma frecuencia e amplitude. Aínda que de feito sexa un termo moi vago e confuso, moi dificil de contretar, realmente escurridizo, e se empregue dende fai moito tempo en diferentes contextos e para indicar cousas moi distintas, timbre, nun contexto musical non ten nada que ver co artello que pulsamos para chamar a unha porta.

Básicamente e como acabamos de explicar, defínese por eliminación. cando percibimos sons diferentes e a característica que os diferencia non ven determinada nin pola intensidade (amplitude) nin pola altura (frecuencia) entón ahí está, trátase do timbre.

 

Analizando o timbre

para estudar o timbre dun son o analizamos dende dúas perspectivas: cómo evoluciona no tempo e cales son as súas características nun intre concreto.

 

Espectro

A segunda forma de abordar o estudo tímbrico danos unha perspectiva instantánea e vertical do que escoitamos. É coma facer unha foto fixa. A información que aporta recibe o nome de espectro de frecuencias. Este aspecto o estudaremos en profundidade na seguinte entrada.

 

Envolvente

Aporta información da evolución dun son no tempo. Observamos:

  • como xurde —o ataque (attack en inglés)—,
  • como se desenvolve —caída e estabilización (en inglés decay e sustain, «sostemento»)—
  • e como desaparece un son (en inglés release, liberación).

Os termos en inglés enténdense mellor relacionados cun teclado. Pulsar a tecla produciría o ataque, attack, tras este habería unha lixeira caída e unha estabilización decay e sustain e cando soltamos a tecla ou cando a liberamos, release a desaparición do son.

Con toda esta información podemos trazar unha curva que describe cómo funciona internamente ese son. A esa curva chamámola envolvente dun son. Como veremos este aspecto condiciona de xeito fundamental as cualidades tímbricas dun son, pero deixaremos o seu estudo para máis adiante, para o vindeiro parche.

 

Vaguedade

O concepto de timbre dá moitos quebradeiros de cabeza tanto a teóricos da música, como a músicos informáticos ou investigadores psicoacústicos. Con todo, os computadores axudaron a facer grandes progresos na exploración e comprensión dos diversos compoñentes do que tradicionalmente se deu en chamar" timbre". E incluso xurdiu todo un estilo musical de vital importancia no desenvolvemento da música instrumental no século XX a escola espectral.