Saltar navegación

Qué sons escoitan os animais?

[Fonte: razas]

Rango de audición frecuencial dos cans

Informar do rango de audición frecuencial nos cans e outras especies non é unha tarefa sinxela – pero primeiro cómpre explicar cómo se determinan estes rangos de frecuencia auditiva. As probas en animais difiren completamente do método común nos humanos que consiste en informar voluntariamente se escoitan ou non un son. Para determinar a gama de frecuencias nos animais, o investigador previamente ten que, mediante recompensas, adestrar ao animal que debe escoller entre dúas accións coma resposta a un estímulo de son. A miúdo, a resposta consiste en tratar de beber ou comer nun dos dispensadores —o de comida ou o de bebida— ó escoitar un son. Os sons preséntanse de forma aleatoria dun lado ou do outro, e o suxeito debe seleccionar o dispensador da dereita (no mesmo lado que o estímulo) para obter a recompensa, se se equivoca non obterá nin comida nin bebida. Isto faiselle a un animal deseperadamente famento ou sedento, é dicir coa motivación suficiente para responder. Os estímulos son sempre tons puros a frecuencias variadas (unidades de Hertz [Hz] - ou kilohertz [kHz]) en diferentes intensidades de volume (unidades de decibeis [dB]). O investigador despois representa os valores nun audiograma, un gráfico que indica a intensidade máis suave coa que o suxeito foi capaz de detectar unha frecuencia específica. O conxunto das respostas dá por resultado unha curva en forma de bol, máis pronunciada no extremo das altas frecuencias. Na seguinte imaxe podes ver unha serie de cinco audiogramas de diferentes cans (Canis canis).

 

Audiogramas

Este audiograma, recompila datos sobre cans a partires de dúas fontes publicadas Lipman e Grassi (1942) e Heffner (1983):

  • Lipman e Grassi anotan unha media das respostas de 11 cans de razas non especificadas:  curva 1
  • Heffner presenta resultados individuais de catro razas de cans:
    • curva 2 (caniche ou poodle)
    • curva 3 (can salchicha, ou dachshund)
    • curva 4 (San Bernardo ou St. Bernhardshund
    • curva 5 (Chihuahua ou perro rata).

A frecuencia visualízase nunha escala logarítmica que vai de 10 Hz a 100.000 Hz (100 kHz), mentres que a intensidade do estímulo móstrase en dB (de -30 a 80 dB).

Os baixos valores do eixo y mostran que os cans teñen unha lixeiramente maior sensibilidade acústica que os humanos. Esto quere dicir que detectan son máis suaves  (e os gatos aínda teñen maior sensibilidade que os cans!!)

Pódese observar que a intensidade máis baixa detectada difire entre os dous estudos; o estudo de Heffner parece máis fiable porque é máis actual e por ser un investigador de audioloxía amplamente publicado e respectado.

A maior sensibilidade (é dicir, as frecuencias que se poden detectar nas intensidades máis baixas) atópase no rango de frecuencia de 4-10 kHz.

 

Análise de datos

No rexistro grave:

  • O caniche escoitou 40 Hz pero de para detectala requeriu de 59 dB de intensidade.
  • O resto dos cans non responderon ata que a frecuencia do estímulo alcanzou 62,5 Hz.

No rexistro agudo:

  • Caniche, San Bernardo, e Chihuahua escoitaron frecuencias de 46 kHz, pero en intensidades de 64-73 dB.
  • O Poodle escoitou 4 kHz a -4 dB (realmente moi suave) e 8 kHz a tan só -3,5 dB!.

Non se observaron en ningunha das razas relacións entre a alta sensibilidade á frecuencia de audición e o tamaño da cabeza, o peso corporal, ou área da membrana timpánica.

 

 

Morcegos

Aquí podes escoitar os sons que emiten os morcegos para a ecolocalización. Uns sons que nós non podemos escoitar —están fóra do noso rango— e que lles sirven para ubicarse no espazo según as reflexións nos obxectos da área na que se moven. O son orixinal está entorno aos 26KHZ pero aquí é transposto por debaixo dos 20Khz para que o poidamos escoitar. Este morcego foi gravado nun río de Pontevedra.

 

Gravacións de campo

Esta é unha práctica moi habitual nas gravacións de campo. Consiste en recoller sons do entorno para o seu posterior uso con fins artísticos. En moitos casos empréganse técnicas de gravación e amplificación que traen —coma no caso dos morcegos— ó noso rango audible vibración sonoras que non somos capaces de percibir. Aquí podes escoitar a Chris Watson quen leva moito tempo gravando sons que non son doados de escoitar en situacións convencionáis.

 [Fragmento a modo de cita extraido del documental El Color del Sonido]

Moitos artistas sonoros son directamente biólogos ou proceden desa rama de coñecemento e atoparon a súa vocación sonora despois de moitos anos de recoller arquivos sonoros cos que estudar cómo se comunican os animais ou entender mellor os procesos do medio que nos rodea.

Un dos máis coñecidos é Francisco López podes escoitar aquí un breve fragmento a modo de cita sonora dun dos seus traballos.

 

Especies Rango aproximado (Hz)

humana (homo sapiens) 64-23.000

can (canis lupus familiaris) 67-45.000

gato (felis silvestris catus) 45-64.000

vaca (bos primigenius taurus) 23-35.000

cabalo (equus ferus caballus) 55-33.500

ovella (ovis orientalis aries) 100-30.000

coello (oryctolagus cuniculus) 360-42.000

rata (rattus norvegicus ) 200-76.000

rato (muridae) 1.000-91.000

xerbillo (gerbillinae) 100-60.000

coello de indias (cavia porcellus) 54-50.000

ourizo (erinaceus europaeus) 250-45.000

mapache (procyon) 100-40.000

furón (mustela putorius furo) 16-44.000

zarigüeya (didelphimorphia) 500-64.000

chinchilla (chinchillidae) 90-22.800

morcego (chiroptera) 2.000-110.000

balea beluga (delphinapterus leucas) 1.000-123.000

elefante (elephantidae) 16-12.000

marsopa (phocoena phocoena) 75-150.000

goldfish (carassius auratus) 20-3.000

bagre (liposarcus multiradiatus) 50-4.000

atún (thunnus) 50-1.100

rá touro (lithobates catesbeianu) 100-3.000

ra de árbore (litoria gilleni) 50-4.000

canario (serinus canaria domestica) 250-8.000

perico (psittacidae) 200-8.500

cacatúa (nymphicus hollandicus) 250-8.000

lechuza (tyto alba) 200-12.000

pito (gallus gallus domesticus) 125-2.000

[Fonte: Profesor Doctor George M. Strain, PhD. Tradución libre]

 

 

 

 

Actividade

Propóñote traballar a partires de arquivos sonoros de sons de animais que atopes na rede:

  1. Recoller arquivos sonoros ilustrando con imáxenes dos animais que corresponda.
  2. Realizar unha peza de 1 minuto de duración a partires de sons de animais que che resulten interesantes.

 

Recomendacións

  • Para procurar e descargas os teus arquivos soundproject pode ser un enlace de interese
  • Para trasformar os formatos de arquivo según conveña para a túa proposta recoméndoche un programa tipo format factory.
  • Tamén poderías facer un traballo de campo recollendo ti mesmo os sons que che interesen.
  • E incluso traballar con videos de youtube, descargalos e editalos con movie maker ou similares, engades os datos referentes ó nome e rangos de escoita etc. Pode quedar realmente chulo!!!

Apetéceche..? Sí... ? Non... ?