Saltar navegación

Qué é un hercio?

 

Na década dos 70 do século pasado o descriptivo termo ciclos por segundo foi sustituido polo máis abstracto de hercio ou hertzio (abreviado Hz) en honor o físico alemán Heinrich Rudolf Hertz (1857-1894) que foi quen de descubrir a propagación das ondas electromagnéticas e a maneira de producilas e detectalas con aparellos (emisor e detector) construidos por el mesmo.

[Fonte: Heinrich Rudolf Hertz]

 

Hercio (Hz) significa exactamente o mesmo que ciclo por segundo (c/s). Indica por tanto unha frecuencia de repetición do noso patrón en cada segundo. Ademáis de Hz na música emprégase KHz (ou kilohercio) para referirnos as frecuencias. E para medir a frecuencia de traballo dun dispositivo de software ou ondas electromagnéticas en telecomunicacións tamén se utiliza o megahercio ou o gigahercio. Ahí van as correspondencias.

 

hercio = 1 hercio por segundo

kilohercio = mil hercios (103) por segundo

megahercio = 1 millón (106) de hercios por segundo

gigahercios = mil millóns (109) de hercios por segundo

 

Actividade

Voltando ó noso parche recordarás que na nosa ventá de osciloscopio só cando chegabamos a 100 Hz podíamos ver o ciclo completo de amplitude da nosa onda (e ata entón maís ou menos irrecoñecibles fragmentos). Temos que deducir entón que o noso osciloscopio representa a centésima parte dun segundo (1 segundo/100 ou 1 centisegundo). Serías quen de adaptar o osciloscopio para que se correspondese cun segundo? Cómo farías?