Saltar navegación

Qué é o que vemos realmente?

[fonte: http://commons.wikimedia.org/wiki/File:Wave_frequency.gif?uselang=es]

 

Introduce máis valores...

Altos e baixos, máis altos e máis baixos, moi altos e moi baixos. E atende simultáneamente ó osciloscopio. O que ves é unha forma de onda que varía. En valores moi graves —por exemplo 3 Hz— apenas temos perspectiva e percibimos levemente unha liña inclinada fluctuando arriba e abaixo a certa velocidad (sucede coma cando achegamos moito un obxeto ó noso ollo ou ben unha lupa moi cerca da imaxe que nos interesa ampliar, non apreciamos nada). En torno a 50 Hz xa podemos observar claramente unha liña ondulada. Se desconectamos repentinamente o recadro verde son on/off o oscilospio conxelará a derradeira forma de onda e atoparemos —en 50 Hz— unha imaxe semellante a un outeiro ou a un vale ou cecáis un trazo a medio camiño entre ambos dependendo do momento no que pulsáramos o recadro. Compróbao! Prosigamos subindo. En 100 Hz aproximadamente percibimos o trazo da onda en toda a súa dimensión. Consiste dunha elevación e unha depresión (ou á inversa) a unha distancia simétrica dende un punto fixo intermedio. Esta forma de onda recibe o nome de onda seno. Voltaremos sobre ela máis adiante.