Saltar navegación

Protexendo os nosos ouvidos

Os tinnitus ou acúfenos son un fenómeno perceptivo que consiste en notar golpes ou sons no oído, que non proceden de ningunha fonte externa. Poden ser provocados por gran número de causas, xeralmente traumáticas, ser produto dun síntoma de taponamento dos oídos ou de síndrome de Ménière. Tamén poden ser causados por situacións de tensións por estudos, traballo, contorna familiar, económico, social ou altas exposicións a ruído ou son.

Outras das causas máis comúns é a exposición a continuadas e altas gradacións de electromagnetismo (que producen os móviles as redes wifis e moitos dos aparellos electrónicos que tes na casa). Só podemos lamentar a laxitude da lexislación española neste terreo.

A asistencia a determinados espectáculos (ou mesmos o, nada recomendable, uso de cascos) que esixen dos nosos témpanos niveis de presión acústica absolutamente perxudiciais tamén provoca tinnitus ou perdas de audición en amplios espectros da poboación. A maior parte dos músicos de rock que coñezo teñen problemas de audición relacionados cos ensaios cun volume demasiado alto. Incluso violinistas como Menuhin recomendaban ensaiar cun tapón limitador da sonoridade (principalmente no oído esquerdo, pegado a caixa acústica do violín cando se toca o instrumento) para deixar descansar o tímpano dunha constante exposición debida ó estudo.

Por escoitar algo unha vez podes perder a posibilidade de escoitar para sempre. É importante que tomes consciencia deste grave problema. Os danos que produzas nos teus oídos resultan na maioría dos casos irreversibles.

Existe unha amplia gama de produtos no mercado para protexer os teus oidos. Non hai nada de malo en asistir a un concerto con tapóns limitadores que reducen o volumen pero non tes ningunha perda de frecuencias. A información que copiamos a continuación provén directamente da páxina web de La casa del tapón unha tenda de Madrid especializada en audioloxía.

 

TAPÓNS PARA MÚSICOS OU AMANTES DA MÚSICA

-In-ear Monitoring -

Tapóns de silicona branda ofrecen a mellor calidade sonora. Ideal para utilizar xunto co reprodutor MP3 ou calquera outro equipo de audio. Permite gozar da música en ambientes ruidosos (metro, ximnasio, etc.)

-Protección con filtro-

Tapóns auditivos especialmente deseñados para músicos e técnicos de son. Incorporan un filtro que atenúa por igual todas as frecuencias proporcionando unha audición óptima e sen distorsiones.

O modelo DM 9 de tapóns para músicos é indicado para solistas, guitarra acústica e instrumentos de corda.

O modelo DM 15 é adecuado para membros de orquestras clásicas, solistas e técnicos de son.

O modelo DM 25 é indicado para grupos de rock e profesionais en xeral que precisen manter un nivel óptimo de audición en lugares ruidosos.

PATRÓNS DE PROTECCIÓN ACÚSTICA

Tapóns de silicona branda, son practicamente irrompibles, lixeiros e cómodos. Grazas á incorporación dun filtro especial, pode seguir comunicado coas persoas da súa contorna, reducindo os niveis prexudiciais de ruído. Dispón dun discreto tirador para facilitar a súa extracción.

Os nosos tapóns para o ruído dispoñen de tres filtros diferentes AOP III Worker para cada actividade.

Filtro F7: illamento efectivo de ruído causado por brocas, serras ou motores.

Filtro F8: para obras con metal ou plástico.

Filtro F10: illamento máis efectivo contra ruído de nivel alto como martelos pneumáticos.

 Fonte: http://www.taponesparaoidos.es/Tapones.aspx

 

 

Pregunta Verdadeira ou Falsa

Pregunta 1

Menuhin empleaba unha sordina no violín para protecer o seu oído esquerdo

Pregunta 2

Cando escoitamos golpes ou sons sen que exista fonte externa que os produza temos acúfenos

Pregunta 3

Existen tapóns para aumentar as posibilidades auditivas

Pregunta 4

Exposicións prolongadas ó electromagnetismo producen tinnitus

Pregunta 5

O tinnitus prodúcese cando temos un aumento da audición inexplicable