Saltar navegación

Precursores do sintetizador

A excepción do telarmonio, que foi concibido antes da aparición da válvula termiónica, todos os precursores do sintetizador actual entrada baseábanse nun sistema de circuítos de tubo. Isto facía que os instrumentos resultasen relativamente pesados e sen dúbida inestables. Tras a aparición do transistor en 1947-1948, non tardaron en chegar outros instrumentos máis resistentes, máis pequenos e por tanto portátiles.

A principal diferenza nos precursores dos actuais sintetizadores residía en si eran instrumentos que podían ser tocados en tempo real o precisaban dun aparello que establecese a orde de produción dos eventos sonoros (secuenciador)

 

instrumentos para ser tocados en tempo real

 

1896 - O telarmónio de Thaddeus Cahill

Talvez sorpréndache saber que as raíces dos sintetizadores electrónicos modernos proceden de finais do século XIX. En 1896/1897, un inventor estadounidense chamado Thaddeus Cahill solicitou unha patente para protexer o principio que rexía un instrumento chamado telarmonio ou dinamófono. Cun impresionante peso de 200 toneladas, este colosal instrumento electrónico era impulsado por 12 xeradores electromagnéticos propulsados por vapor. Este monstro tocábase a tempo real utilizando teclas sensibles á velocidade e, sorprendentemente, era capaz de xerar varios sons distintos de forma simultánea. O Telarmonio presentouse ao público nunha serie de “concertos” realizados en 1906. Bautizada como “telarmonía”, a súa música conectouse á rede de telefonía pública, dado que non existían naquel tempo sistemas de difusión pública.

 

 O espectacular telarmonio en 1897

 

 

1919- O Theremin de Leon Termen

En 1919, o inventor ruso León Theremin utilizou un enfoque ben distinto. Chamado como o home que o ideou, o Theremin monofónico tocábase sen ter que tocar fisicamente o instrumento. Mide a proximidade das mans do músico, que as axita nun campo electrostático entre dúas antenas, e utiliza esta información para xerar o son. Esta técnica tan pouco ortodoxa fixo que o Theremin resultase moi difícil de tocar. A súa estraña color tonal (cáseque invariable) converteuno no instrumento favorito de numerosas bandas sonoras de películas de terror. Casualmente, R. A. Moog, que construiría os sintetizadores que obterían posteriormente unha fama internacional, comezou a construír Theremins con tan só 19 anos.

 

Leon Termen co seu instrumento

 

 

 

1928 - Ondas Martenot de Maurice Martenot

En Europa, o francés Maurice Martenot deseñou o Ondes Martenot monofónico en 1928. O método de xeración de son deste instrumento parecíase ao do Theremin, pero na súa primeira encarnación tocábase tirando dun cable cara adiante e cara atrás.

 

 O Compositor Pierre Vellones e Maurice Martenot

 

1930 - O trautonio de Trautwein e Sala

En Berlín, durante os anos 30, Friedrich Trautwein e Oskar Sala traballaron no trautonio, un instrumento que se tocaba presionado un cable de aceiro sobre unha barra. Segundo a preferencia do músico, permitía infinidade de tons variables (moi parecido a un instrumento de corda sen trastes) ou tons en aumento parecidos ao dun teclado. Foi presentado na Berliner Musikhochschule Hall dentro del marco de la "Neue Musik Berlin, 1930". Sala seguiu desenvolvendo o instrumento ao longo da súa vida, un esforzo que culminou no Mixturtrautonio a dúas voces en 1952. Con el compuxo a música de numerosas películas, así como a totalidade da banda sonora de “Os paxaros” de Hitchcock. Aínda que a película non conta cunha banda sonora musical convencional, todas as chamadas dos paxaros e o son dos aleteos que se escoitan na película foron xerados mediante o mixturtrautonio.

Hitcock e o compositor Oskar Sala co Mixturtrautonio durante a rodaxe de Os paxaros

 

Friedrich Trautwein co Trautonium en 1930 no laboratorio radiofónico da Berliner Musikhochschule. 

 

1945 - Sackbut de Hugh Le Caine

En Canadá, Hugh Le Caine comezou a desenvolver o seu Sackbut electrónico en 1945. O deseño deste instrumento monofónico parecíase ao dun sintetizador, pero integraba un teclado incriblemente expresivo, que respondía non só á velocidade e presión das teclas, senón tamén ao movemento lateral.

 

Hugh Le Caine

 

 

instrumentos que combinaban xeradores de son electrónico con secuenciadores

 

1929 - Sintetizador Coupleux-Givelet

O primeiro instrumento deste tipo foi presentado polo dúo francés Edouard Coupleux e Joseph Givelet no ano 1929, baixo o inspirador nome de Automatically Operating Musical Instrument of the Electric Oscillation Type (Instrumento musical operado de maneira automática do tipo de oscilación eléctrica). Este híbrido unía a xeración de son electrónico cun control de cinta golpeado mecanicamente. Tras o recoñecemento xeral de que o nome era un verdadeiro trabalinguas, os seus creadores abreviárono extraoficialmente como Sintetizador Coupleux-Givelet; desta forma tan casual utilizouse por primeira vez o nome de “sintetizador” para un instrumento musical.

Un Coupleux-Givelet

 

 

 

1956 - Mark I de Harry F. Olson e Herbert Belar

Coa aparición en 1956 do Sintetizador de música electrónica Mark I, de RCA, desenvolvido polos enxeñeiros estadounidenses Harry F. Olson e Herbert Belar introduciuse oficial e definitivamente o termo sintetizador. O seu sistema de xeración de son a dúas voces consistía en 12 diapasones, estimulados electromagnéticamente. Por primeira vez, o instrumento ofrecía opcións de procesamento de sinal relativamente sofisticadas. O sinal de saída do xerador de son podía supervisarse mediante altofalantes e, o que é máis sorprendente, gravarse directamente en dous discos. Un único motor alimentaba os dous pratos e a unidade de control do Mark I. O sintetizador estaba controlado mediante información pegada nun rolo de cinta de papel, que en realidade permitía a automatización continua do ton, o volume, a cor tonal e as envolventes. Resultaba tan complicado que o seu manexo era terooríficamente dificil, e tocalo de maneira espontánea resultaba imposible.

 

Milton Babbitt, Peter Mauzey and Vladimir Ussachevsky, with the RCA Mark II Synthesizer in 1958

Selección múltiple

Pregunta

Todos os precursores do sintetizador actual baséanse

Respostas

no transistor

nun sistema de circuito de tubos

nas válvulas terminónicas

Retroalimentación

Pregunta

O telarmonio de Thaddeus Cahill presentouse ó público en

Respostas

1896

1906

1916

Retroalimentación

Pregunta

O telarmonio de Thaddeus Cahill

Respostas

un cable de aceiro sobre unha barra

12 xeradores electromagnéticos propulsados por vapor

tirando dun cable cara adiante e cara atrás.

Retroalimentación

Pregunta

As Ondas Martenot

Respostas

son un instrumento monofónico

son un instrumento polifónico

son un instrumento electrónico

Retroalimentación

Pregunta

 

O compositor Oskar Sala utilizou o Mixturtrautonio

 

Respostas

durante a rodaxe de Taxi driver de Martin Scorsese

durante a rodaxe de Nosferatu de Murnau

durante a rodaxe de Os paxaros de Hitchcok

Retroalimentación

Pregunta

O teclado do Sackbut de Hugh Le Caine

Respostas

respondía non só á velocidade e presión das teclas, senón tamén ao movemento lateral

era controlada mediante unha cinta golpeado mecanicamente

o Sackbut de Hugh Le Caine non tiña teclado

Retroalimentación

Pregunta

O sintetizador de Coupleux-Givelet 1929

Respostas

xeraba son mediante unha cinta golpeada mecánicamente e o controlaba electrónicamente

xeraba unha cinta golpeada electrónicamente para producir son

xeraba son electrónico e o controlaba mediante unha cinta golpeada mecánicamente

Retroalimentación

Pregunta

O sintetizador de música electrónica Mark I desenvolvido na RCA por Harry F. Olson e Herbert Belar

Respostas

xeraba dúas voces a partires de 12 diapasóns estimulados electromagnéticamente

xeraba dúas voces a partires de 16 diapasóns estimulados electromagnéticamente

xeraba tres voces a partires de 16 diapasóns estimulados electromagnéticamente

Retroalimentación