Saltar navegación

Partiels de Grisey

O térmo espectralismo foi acuñado polo músico e fílósofo Hugues Dufourt en 1979 para designar as novas técnicas de composición desenvolvidas por Tristan Murail, Michael Levinas e Gérard Grisey, entre outros. Esta corrente que dominou a música internacional dende os anos 70 ata os nosos días aproxímase ó feito compositivo dende unha perspectiva científica, aplicando as investigacións que o estudo da música electrónica aportou ó coñecemento da acústica, e de xeito fundamental ó que sabemos do timbre

A obra Partiels de Gerard Grisey é unha obra cume do repertorio. Toda a música que desenvolve Grisey neste traballo derívase do estudo do espectro do mi grave dun trombón: a estructura, a elección das harmonías etc.

 Aquí podes escoitar o famoso e telúrico inicio desta peza.