Saltar navegación

Os Patches

E agora te preguntarás Qué é un patch?.

PD básase na filosofía modular dos primeiros sintetizadores nos que, partindo, a súa vez, dunha análise dos instrumentos acústicos, dividía o seu funcionamento en diversos circuitos electrónicos que se conectaban con cables para conseguir múltiples configuraciones e, como resultado, múltiples sons. A esta configuración de cables e conexións chamáselle patch e nos seguimos usando esta idea para traballar no mundo virtual, só que agora esos circuitos electrónicos son obxectos e os cables son virtuáis.

Un obxecto en Pure data é un elemento activo, que fai algo.

 

 

Para poder facer esto tes que saber outra peculiaridade de Pure Data. Ten como dous modos de traballo, cando activamos o modo edición podemos facer modificacións no noso patch creando estos obxectos, conectando os cables, etc... e cando saimos deste modo podemos executar o patch e escoitar o resultado.

 

 

Para movernos entre un e outro modo podemos facelo no menu "editar" ou utilizando o atallo de teclado correspondente dependendo do sistema operativo que estemos utilizando.

 

 

Outras opcion que inclue PD para facilitar a interacción son certos Obxectos visuáis que imitan elementos que existen no mundo como botóns (bangs), interruptores (switches), etc.

 

Se fas click co botón dereito sobre cada un dos obxectos aparece unha opción moi útil, Propiedades, na que podemos modificar algunhas das propiedades deste obxecto para facelo máis versátil cambiando o tipo de valores que envía asi como o seu efecto.

 

 

Ademáis dos obxectos temos mensaxes son como ordes con valores que se lles envían aos obxectos para que fagan algo. Hai mensaxes xeneráis e outras específicas a certos obxectos das que xa iremos falando.